Co reinicio das clases, Booking voltou pedir axuda ao alumnado do centro.
Quere reabrir o Museo Xesús Ferro Couselo ao público, mais para iso antes é preciso reordenar os fondos, estudalos e preparar guías dos mesmos.
Así que escribiu á rapazada propoñendo colaboración. Podía adoptar unha das pezas do museo e encargarse de investigala e partillar co resto da comunidade os resultados da súa pesquisa.
E alá foi todo o mundo a escoller crianciña para coidar...
|
O grupo de 3ºA EP adoptou o Telurio. Que será? |
|
O grupo de 6º de EI adoptou os trebellos do liño. |
|
O grupo de 3ºESO A adoptou o tocadiscos. Festa! |
|
Un dos equipos de 1ºESO B adoptou a máquina de escribir. |
|
O tocadiscos é un dos reis do Museo. Tamén lle gustou a este equipo de 1ºESO B |
|
Este equipo, si, de 1º ESO B, adoptou os utensilios de escritura. |
|
O último equipo de 1º ESO B adoptou a máquina rexistradora. |
Sem comentários:
Enviar um comentário