Tivemos a Biblioteca pechada en xaneiro por causa do desastre inundativo. E, acabando o segundo trimestre, temos que voltar fechar. Sempre para ben.
Imos facer a última obra: tirar un novo tabique para aumentarlle uns metros máis o tamaño, eliminar a porta do Museo Xesús Ferro Couselo para que permaneza sempre aberto e facer unhas novas estanterías en compensación polas que destragou a auga.
Como sempre, tamén, é o alumnado do centro quen axuda no traballo:
|
Todas esas estanterías temos que baleirar... |
|
Levar para os Departamentos libros que nos sobran... |
|
Toda a narrativa de Educación Primaria!! |
|
Todo Infantil, aquí! |
|
Ai, a butaca de contar! |
|
Mais nada incomoda ao Booking, que continúa a ler tan tranquilo! |
Sem comentários:
Enviar um comentário