Como teoricamente este ano imos realizar as últimas obras de remodelación da Biblioteca, pensamos que sería boa idea facer unha piñata adicada ao booking, que presidira o local durante o curso e que poidéramos rachar cando a inauguración, a final de curso.
Así, coa colaboración da mamá de Mariña e André, Irene, organizamos un
Obradoiro de Piñatas
Quedamos o mércores 29 de novembro, pola tarde, na hora de apertura da Biblio, todo o alumado do Club de Lectura que quiso asistir.
Irene foinos explicando todos os pasos que debiamos dar e nós, boísimas, fomos cumprindo as encargas que nos facía.
|
O primeiro, cortar tiras de papel. Moitísimas! |
|
E cortar tamén tiras de cartón. Moitísimas, tamén. |
|
Unha vez cortado, abrandar o cartón para que sexa flexíbel. |
Iso faise acariñándoo con moito amor e firmeza.
|
Imos grampando as tiras de cartón... |
|
... para darmos forma á cabeza do Booking. |
|
Non podemos esquecer colocar o cordeliño de pendurar do teito |
|
E. con cola de carpinteiro, comezamos a encher a estrutura coas tiras de papel. |
|
E veña a pegar papel! |
|
Hai que ir cortando tiras de papel de seda, para a decoración exterior... |
|
De verdade que de aquí vai sair un tigre??? |
O tempo do obradoiro acabou. Decidimos deixar secar a estrutura e pegar as cintas finais outro día. parecerase ao booking, esta piñata?
Sem comentários:
Enviar um comentário