As obras da Biblio andan como as da Sagrada Familia de Barcelona: lentas.
Xa están fóra os tabiques, mais falta retirar parte do material que había no vello almacén e acabar as estanterías novas.
O que si podemos facer e ir colocando libros. E niso andamos!
|
Teito novo, espazo novo! |
|
A porta misteriosa pasou a arco de acceso libre |
|
Que grande se ve! |
|
E xa pintado, como novo!! |
O traballo pasou a ser colocar os libros retirados, novamente. E redistribuir a Biblio. Despois dun par de recreos paponeando para as paredes, optamos por deixar o recanto novo como zona de estudo silenciosa, desprazando para aí sección 8 da ESO.
|
Probando a mudar estantes e crear recantos |
|
E xa temos recolocados os libros!!! |
Porén, aínda non está todo listo...
|
Falta a estantería xigante! |
|
E a medio-xigante! |
Quen sabe, igual ao acabar o curso está lista!
Sem comentários:
Enviar um comentário