Neste ano unha cousa estraña aconteceu na Biblioteca. Había unha porta na que nunca reparáramos.
A porta misteriosa
Cacho chave nos vai facer falta!
Que haberá alén do interrogante? Un almacén? A casa de Aurelio Marcelino? A gorida do Booking?
O Booking retounos a conseguir a chave para entrar. Cada día, durante unha semana, deixounos nas aulas unha adiviña que debíamos resolver. Se o conseguiamos, a cambio, recibiamos unha letra. Se dabamos xuntado as cinco letras, teríamos superada a selección para integrar o Equipo de Investigación do Booking. No recreos, a señora bibliotecaria recibía propostas de solución ás adiviñas...
Mmmmmmm! non sei se estará ben...
Se conseguiamos resolver, a cambio, recibiamos unha letra. Se dabamos xuntado as cinco letras, teríamos superada a selección para integrar o Club de Investigación do Booking.
E demos! Todas e todos!
Temos letras! conseguimos carnet!
Unha chea de investigadoras temos na escola!
E co carnet na man, xa puidemos mirar que había aí detrás...
Ghuaue! Imos entrar!
Até as mascotas das aulas fixeran carnet!
A emoción foi grande...
E todos os grupos fomos coñecendo o misterio por tras da porta...
O MUSEO!!
Cheo de cacharradas que nunca antes na vida tocamos!
Moito gostamos!!
E entráronnos ganas de saber máis de todos eses obxectos...
... que era o que quería o Booking.
Agora temos que traballar, nesta proposta que fixemos para ocuparnos o curso enteiro.
E sempre que imos á biblio, nom marchamos sen dar un mimo ao tigre...
Sem comentários:
Enviar um comentário