Comezamos o curso co Booking supertraballador. Botaba de menos ao alumnado do centro e decidiu enviarlle un convite para coñecer a súa gorida.
|
Para non liarse moito, citou a cada grupo na súa propia sesión... |
O que non agardaba a nosa mascota foi...
|
.... recibir resposta!! Que feliz quedou! |
Até creou un recanto na biblio para colocar as cartas...
|
Para cartas e mails, que temos alumnado hi-tec |
Nas visitas, as axudantas de booking explicáronlle a cada grupo o truco para entenderse entre tanta estantería e tanto volume de libros: a CDU. Tiraron para iso desta presentación.
|
Aínda que non mirásemos moito para a pantalla... |
As profas e os profes tamén aprendemos, eh!
|
A sesión para profas foi xa en Setembro. |
A medida que coñecíamos temas e cores e seccións xogamos a encontralas pola biblio.
|
O verde? As Ciencias Naturais? Onde estarán? |
|
E os libros de pensar? Onde está a filosofía? |
Unha vez que coñecemos como debe estar organizada a biblio, booking pediu un favor à meniñada: axudarlle a sinalizar con xeito as estantes todas.
E a meniñada dixo SI!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário