Como este ano o nosso tema de centro é a tradición oral, de boca a orella, pensamos en preparar un Entroido un pouco diferente e máis tradicional. Toda a vida se botaron coplas que facían revista do ano e dos acontecementos de maneira humorística ou satírica.
Para preparar-nos ben, trouxemos ao Pinto d'Herbón e a Luís o Caruncho, reguefeiros especialistas, que o 18 de xaneiro argallaron un
Obradoiro de regueifas
para o alumnado de 5º e 6º de EP e 1º e 2º da ESO.
Levounos moi pouco tempo
xente somos espilida
aprender a regueifare
xa o faremos toda a vida...
O Pinto e o Caruncho en acción! |
Os apontamentos e a teoría |
O público ben atento. |
E no Entroido, o resultado....
Sem comentários:
Enviar um comentário