Este ano tivemos moita sorte, pois todo nos cadrou ben. Tiñamos como tema transversal no curso o De boca a orella: a tradición oral e dedícanlle o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas, que fixo boa parte do seu traballo recollendo contos, lendas e coplas da tradición oral galega. Tiñamos como proxecto de investigación da Biblio o d'O Museo sae do armario e o Antonio Fraguas é un dos fundadores do Museo do Pobo Galego, ao que lle copiamos a idea de adoptar pezas.
Algo tiñamos que facer para o 17M...
Como os Bolechas nos contaron que Antonio Fraguas gostaba das serpes e sabía moitas historias sobre elas, decidimos que unha das cousas que habiamos de ter na entrada do cole era unha cobra xigante e o seu penedo cheo de petróglifos.
E puxémonos mans á obra!
|
O primeiro petróglifo |
|
Non hai como darlle un xiz a un alumno! |
|
Petróglifos de todos os estilos e épocas.... |
|
E alumnado de Primaria e Secundaria... |
|
Así quedou a cobra. Aí ao lado, explicamos que fixemos con ela. |
Sem comentários:
Enviar um comentário