terça-feira, 4 de junho de 2019

25N: Pensas o que dis?

Todos os anos, para o 25N, Día contra a Violencia de Xénero, preparamos unha exposición de fondo que recomendamos para ler/ver/escoitar e traballar nas aulas e nas casas e nas rúas e nos parques. 

Temos materiais para todos os niveis e todas as idades...
E alumnas interesadas en saber máis!
Pero este ano quixemos darlle unha volta á actividade do día e reflexionar sobre o que acontece no noso entorno máis inmediato. Dunha conversa xurdida no Club de Lectura das grandes, decidimos facer unha listaxe de frases e comentarios que as mozas e nenas da escola escoitan no día a día, proferidas por amizades, familia, colegas, parellas... por tantas de nós!!

Decidimos anotar comentarios positivos e negativos... positivos?
E partindo deles, traballando en secreto durante os recreos (viva o activismo!) e en colaboración coa profe de Plástica, elaboramos carteis que recollían as frases que nos pareceron máis significativas e impactantes. 

Traballo en equipo!
Moito calcamos e pintamos!
O día 25 de novembro, no primeiro dos tres recreos, ceibamos as frases no patio. Todas elas. Mesmo as insultantes.

Pensamos o que dicimos?
En serio?
De verdade?
O alumnado, ao saír, chocou, literalmente, coa listaxe de insultos e desprezos. 

Todo iso dicimos? Todo iso?
Buah, olla!
Iso tamén nolo din a nós....
A actividade deu que falar. Houbo a quen non lle pareceu ben que apareceran palabras feas nun patio de escola, mais a reflexión que propuñan as nosas mzoas era que esas palabras as escoitan no día a día. 

Elas mesmas pediron para sacar a intervención fóra do cole. E na última sesión de clase, alá foron para tinxir Cuntis coa mesma pregunta: pensas o que dis? 

Non deberiamos deixar pasar estes comentarios.
Os recados que recibimos as mulleres non levan a bo camiño...
Cadaquén que escolla o camiño que segue...





Sem comentários:

Enviar um comentário