Mostrar mensagens com a etiqueta Biblioteca. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Biblioteca. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 23 de junho de 2020

Activistas en acción.

O grupo de activistas vai vento en popa. 

Argallamos un sistema de reparto de tarefas e comunicación coa coordinación da Biblio e a medida que o curso avanza, máis nos afacemos. 

Cada semana Colocamos o táboa con tarefas e persoas: 

Unha chea de activistas temos!

Establecemos, inicialmente, catro tarefas: atender o servizo de empréstito de fondos, Colocación do fondos, control de cumprimento das normas e visitas ao Museo

Cada día, hai unha ou dúas persoas para atender os asuntos. 

Como a coordinadora de activistas é profe en secundaria e as activistas son todas de primaria, non todos os recreos está dispoñíbel para resolver asuntos. 

Así que nos fixemos cunha axenda: 

Ben bonita, ademais.

E anotamos todo, todo: 






Que gusto que funcione todo!




quarta-feira, 5 de junho de 2019

Ai, hecatombe!!!

Só dous elementos teñen capacidade para destruir os libros. O lume e a auga. Lume non houbo. Auga. Auga foi o que encontramos o 20 de xaneiro. Auga que corría a cachón polas escaleiras e muros e teitos desde o segundo andar do centro. E que chegou á Biblioteca. 

NOOOOOOOON!


Unha sorte tivemos: 

Do teito non chegou a pingar... 
Correu a auga polo chan...

Estropiou canto tiñamos polo chan, como libros de expurgo....
E o mobiliario, con zócalo, salvou todos os fondos das estantes
Elas, superheroínas, sacrificáronse polo ben común.
Aínda que non evitaron que o dano chegase a algunhas palabras.
Ai, podia ser peor, pero vaia!!
Booking está depresivo por ver así a súa gorida...
Aquela piñata que estabamos a facer? Perdida na inundación, sniff!

O pior foi no exterior da Biblio... 

Preparamos un recanto do Museo que perdemos na arroiada: 

O recanto das adopcións, enchoupado.
As pezas doadas, danadas. Ains!!!
A ver se nos damos reposto desta!!
Mentres tanto, 

BIBLIO PECHADA






segunda-feira, 28 de maio de 2018

E voltamos das vacacións...

E a obra estaba (case) feita, e a biblioteca era máis grande, pero había que reordenar todo. 

TODO!!

Menos mal que contamos cun enorme equipo de traballo!

O vidro novo! (e o ancho novo)


Temos que levar as estantes ao seu sitio (e o ancho novo)


E colocar os libros novamente no seu lugar...

Non houbo maneira máis práctica de aprender a CDU!


Aprender a CDU e algo de alpinismo.



segunda-feira, 6 de novembro de 2017

Bibliodecor!

Como xa vos contamos, este ano pasamos a formar parte do PLAMBE, o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Isto quere dicir que dispoñemos de diñeiro para mellorar os equipamentos da Biblio, isto é: estanterias, mesas, zonas de lectura libre, ... 

Xa vos cheagaría a miña carta para o Concurso de Ideas, pois, a verdade é que non sei por onde comezar a gastar o diñeiro... 

Para que deseñedes a vosa biblio ideal, déixovos aquí algunhas imaxes doutras Biblios que SI, de verdade, SI EXISTEN polo mundo adiante: 

Xogamos ao parchís??

Recanto de lectura, de LECTURA!

Isto que é, unha biblio ou un Lego!?

Asento-columpio, o nunca visto!

Sofá andel para crianzas cansas!

Isto si é Biblio de COR

E veña recantos!

Vivan os pufs!!

E claro é: vivan os sofás!!