quarta-feira, 8 de junho de 2022

Proxecto Transversal: 8M mulleres viaxeiras.

 Para o 8M preparamos unha chea de cousas. 

Se no 25N nos centramos nas dificultades das mulleres para viaxar polo mundo, neste Día Internacional da Muller Traballadora optamos por visibilizar e valorar áquelas que, a pesar de todo, viaxaron. Chamámoslle nosoutras tamén navegar, en homenaxe aos versos de Xohana Torres. 

Para iso organizamos varios xogos que precisaban dos fondos documentais da biblio para seren resoltos: 

O panel de xogos


Todos os libros que tiñamos sobre mulleres e viaxes...

  • O mapa do tesouro, onde había que relacionar cada muller co mapa da rota de viaxe(s) realizadas. 
Estarán ben colocadas?

  • Aquelas chaladas nos seus cacharros, no que había que unir viaxeira co medio de transporte utilizado. 
Até en camelo viaxaron...

  • Flor de mulleres, onde había que colocar cada muller no pétalo da flor que lle correspondese segundo o tipo de viaxe emprendida. 

As mulleres...

... as flores

Por outra parte, tamén nos queríamos acordar das mulleres anónimas, aquelas que fixeron viaxes enormes pero que non son coñecidas por ninguén. 

Para iso propuxemos recuperar as historias de vida das nosas familiares e amigas, escribindo unha postal que resumise a súa viaxe e colocándoa no lugar do mapa correspondente: 

Se temos viaxeiras nas nosas cociñas!!

Que marcharon lonxe...

... ou chegaron de lonxe...

E, como homenaxe á muller que primeiro deu a volta ao mundo, Jeanne Baret, todos os grupos do centro plantamos no patio a nosa Buganvílea, e non quixemos deixar sen ela ao Centro de Día.

Por que escollemos a buganvílea

Traballando duro!

Vixiando que non seque...

Levando a súa ás usuarias do centro de día...



Sem comentários:

Enviar um comentário