Mostrar mensagens com a etiqueta Dereitos Humanos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Dereitos Humanos. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 26 de junho de 2020

Encontro interxeracional

Dentro do proxecto de centro, o alumnado de 4º ESO estaba a traballar, coas profesoras de Lingua Galega e Lingua Castelá, a cuestión da memoria histórica

Visionamos os documentais A pegada dos Avós e El silencio de otros e iso espertou a curiosidade do grupo por saber mais de como foi vivido o golpe de estado do 36 e a guerra nas súas familias, nos seus lugares. 

Coincidindo con isto, desde o Centro de Día do Concello propuxéronnos unha visita dxs seus/súas usuarixs para un encontro coa rapazada e pensamos que sería estupendo que puidesen compartir a súa experiencia con este grupo de mozas e mozos. 

Non sabíamos como sacar o tema que nos interesaba, porén aconteceu a maravilla: saiu o asunto de maneira espontánea e foi brutal escoitar os horrores da represión narrada polas súas testemuñas case directas. 

Adoramos!

Contando de cando moceaban....
E de cando traballou en Vigo!
O que lle fixeron á miña nai... 

Nunca a butaca de contar fora tan emocionante... 

Fixemos, felices, foto de grupo.

Estabamos a 10 de marzo. 

Quen diría que dous días despois nos habían mandar para a casa e non nos veríamos máis en todo o curso... 


O mundo que queremos

Os grupos de 6º EP e 2º ESO participamos, dentro do Plan Proxecta, no programa O Mundo que queremos, no que aprendemos de todo sobre a cooperación internacional e o desenvolvimento sostíbel. 

Entre as actividades que realizamos estivo un obradoiro de radio que o alumnado de 6ºEP fixo na Biblioteca. 

Aprendendo sobre o mundo da radio
Isto é un micro!
No web do proxecto podedes escoitar os programas que fixemos, ademais dos audiovisuais que fixeron os outros grupos. 


8M: Dereitas e Humanas

Como todos os anos, desde a Biblioteca preparamos unha proposta de actividades para traballar no 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. 

Como este ano o tema de centro son os Dereitos Humanos non podíamos dedicar o día a outras mulleres que non foran as activistas en loita polos dereitos de todxs. 

Para ambientar a entrada do centro non esquecemos os paraugas. E pedimos ao noso grupo de activistas da Biblio, ademais das titorías, que deseñasen o símbolo do feminismo loitador para pendurar das varas: 

Feminismo ilustrado
A verdade é que nunca tanto xogo deron uns paraugas

Preparamos dous xogos, que obrigaban a revisar os fondos da exposición que preparamos para o caso: 

Un de nome Mulleres en Loita enorme, cunha chea de activistas que había que asociar co Dereito Humano polo que pelexaron: 

Non están todas as que son, mais si son todas as que están.
Procuramos visibilizar mulleres de todos os continentes
E de épocas variadas
A cousa non era fácil...
Non tiñan máis remedio que consultar nos libros. 
O outro xogo, o Aí falaches!: relacionar frases coa activista que as pronunciou. 

Faltan as mulleres...
Ui, aí non!!
Colocamos tamén un 8M feito de post-its para cadaquén escribir libremente as reflexións que quisera: 

Quedou un corredor cheo!
E cremos que os grupos gostaron...
Sempre gostan...



quinta-feira, 25 de junho de 2020

Ciclo de Cine e Dereitos Humanos

Outra data que non podíamos deixar pasar o Día Internacional da Paz e a Non Violencia

Desde a biblioteca quixemos colaborar organizando un Ciclo de Cine e Dereitos Humanos. 

Fixemos todo: a proposta didáctica para o profesorado, a exposición de fondos, a selección da carteleira e mesmo a publicidade!

Libros de película e películas de libro

Cada dereito, asociado a un filme.
As guerras, grandes protagonistas
Como indicamos antes, até publicitamos o ciclo: 

E reciclamos os paraugas!
E tocou motar a sala de cine. A biblioteca dá para todo!

Voluntariado axudando ao Booking a colocar as butacas...
E comezaron as proxeccións: 

Non o notades, mais ven un cheiriño....
Porque non hai peli sen flocos de millo...

Por unha semana, incumprimos a norma de non comer na Biblio. 



10 de Decembro, Día dos Dereitos Humanos

Xa que este ano o Proxecto de centro é sobre Dereitos Humanos non podiamos deixar pasar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se conmemora o 10 de decembro.

E foi proposta a seguinte actividade a titorías e grupos: crearmos quebracabezas xigantes nos que cada lado fose creado por un grupo/titoría, elaborando un mural sobre o Dereito Humano da súa preferencia. 

E argallamos: 

Papel preparado para as profes levar ás aulas...
Dados acabados
Non podíamos ter proposto unha actividade máis entretida e motivadora. Conseguimos crear tres quebracabezas, con propostas de case todas as titorías do centro. E os recreos viraron nun campo de xogos xigante. 

Cada clase quería deixar visíbel o seu mural....
Orgullosxs do traballo feito
Moi orgullosxs
Admirando o traballo das outras clases

E cando a rapazada cansou de xogar a descobrir dereitos humanos, non pasou nada: so bloques eran estupendos para construir cabanas!




25 N: o dereito á non violencia tamén para nosoutras.

Como todos os anos, na escola damos moita importancia ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 

Como todos os anos, desde a Biblioteca, organizamos unha exposición de fondos, cada vez mais actualizados e mellores, sobre o tema, con unha breve recomendación para niveis e subtemas que poden ser traballados con cada. 

Cada libro con a súa etiqueta recomendadora.

Si, fomos ampliando a cantidade a calidade dos fondos, si. 

A personalización do espazo, desta vez, a cargo de Educación Infantil.

Partindo dos fondos da Exposición, propuxemos aos grupos e titorías unha actividade artístico-performativa: 
Cada alumno e alumna decoraría unha caixa de zapatos coa mensaxe que quixese ofrecer sobre a violencia contra as mulleres para, entre todas, construirmos un muro que bloquease esa violencia. 
O día 25 de Novembro, como chovía atemporalado, tivemos que mudar de planos. O muro que iamos construir na Praza do Concello houbemos de facelo no pavillón. 

Que maravillas fixo o alumnado!!














Por quendas fomos argallando o muro entre todas as clases de EP e ESO: 

A facer masa...
Quedou ben xeitoso!
É claro, non podía acabar a intervención sen a lectura dun manifesto. 

Probando, probando!!

Quedamos tan orgullosxs dos nosos traballos artísticos que nos deu pena desfacernos das caixas ou levalas para as casas, así que acabaron decorando os corredores do centro todo o curso: 

Un dos muros, nas escadas de Primaria











quarta-feira, 24 de junho de 2020

De onde é Booking?

Porque si, Booking está ameazado coa expulsión, mais esa foi a pregunta das crianzas de Infantil. 
Eló, de onde é? 

Así que decidiron debuxar o lugar de onde Booking chegou. 

Si, igual temos que mercar un globo terráqueo con xeito....
No medio da sesión apareceu un grande para descobrir que o Booking é de Ikea...

Mirade aquí, é cuspidiño!!
Ben, algún ten moi claro que é de Bengala!!!