Outra data que non podíamos deixar pasar o Día Internacional da Paz e a Non Violencia.
Desde a biblioteca quixemos colaborar organizando un Ciclo de Cine e Dereitos Humanos.
Fixemos todo: a proposta didáctica para o profesorado, a exposición de fondos, a selección da carteleira e mesmo a publicidade!
Libros de película e películas de libro |
Cada dereito, asociado a un filme. |
As guerras, grandes protagonistas |
Como indicamos antes, até publicitamos o ciclo:
E reciclamos os paraugas! |
E tocou motar a sala de cine. A biblioteca dá para todo!
Voluntariado axudando ao Booking a colocar as butacas... |
E comezaron as proxeccións:
Non o notades, mais ven un cheiriño.... |
Porque non hai peli sen flocos de millo... |
Por unha semana, incumprimos a norma de non comer na Biblio.
Sem comentários:
Enviar um comentário