- Susana, temos que falar contigo.
- Que aconteceu?
- Estes días ven moi pouca xente á biblioteca.
- Ben, vai sol por fin. Tamén é normal que queiran ir ao patio.
- Xa, pero non podemos ficar quietas. E pensamos en facer algo para darlle vida.
- Ai, si?
- Pensamos en organizar un obradoiro de máscaras, xa que estamos en Entroido. Se non é moi caro, claro.
- Sen problema. Dicide o que necesitades e eu consigo. Monitorizades vós?
- Si, encargámonos nós!
E así foi. Un grupo de activistas ben activo!
As normas da actividade |
Non, non era moi caro o material esixido |
Decorando carautas... |
Frozen e Rosalía de Castro, os éxitos! |
O obradoiro desenvolveuse ao longo de varios recreos. |
Os unicornios existen. E as crianzas que len na biblio tamén :) |
Temos canteira!!
Sem comentários:
Enviar um comentário