Foi unha sorpresa para todas.
O alumnado de 2º EP estaba convencido de que o que Booking necesita para se liberar era unha manifestación da comunidade educativa.
Prepararon camisolas e faixas reivindicativas:
Preparando a estratexia manifestadora |
Antes do golpe, sempre asemblea. |
E as que estabamos nas aulas comezamos a escoitar un runrún ao primeiro, un barullo despois.
Preparadas!! |
A manifa andou polos corredores... |
Chamando ás portas, animando á participación... |
E foi o alumnado abandonando ás clases e incorporándose á marea manifestante.
Queremos a Booking! Queremos a Booking!! |
Atrevéronse as pequenas a sacar aos da ESO das aulas? Atreveron!!
Xuntámonos todas no patio, onde as representantes de 2º EP leron o manifesto redactado polo grupo a todo o mundo.
E quedaron as faixas eliminando reixas no CIE:
Conseguirá sair o tigre? |
A cousa está a complicarse para a expulsión...
Sem comentários:
Enviar um comentário