terça-feira, 22 de maio de 2018

O túnel do terror

Na Biblioteca temos un problema moi moi moi gordo. Xa non podemos deixar de facer o túnel. Lembrades o do ano pasado

Pois alá veu a rapazada:
- eló, este ano non o facemos? Necesitas axuda? 

E xa se puxeron a traballar.

Recortar e pegar.
Tiras e tiras de plástico negro!!
E colocamos os libros...

Libros de terror e medo e pavor e fantasmas...
E bruxas, e monstros e demos...
E vampiros, e maleficios, e diabos, e esqueletes...
Para grandes e pequenas.
Só que non sabemos se alguén atendeu á expo...

Para ver a Exposición había que atreverse a entrar no túnel...
E enfrontarse a todo tipo de fantasmas.

A todo tipo de fantasmas!!
E todo o mundo entrou por ver espíritos, non sabemos se alguén por ver libros :/

Entran, mais non miran os libros :(
Esas carreiras, serán para ler? Mmmmm!
Iso si, esas tan maiores que nos miraban con aires de intelectualidade cando recortabamos plastiquiños, acabaron por cair na tentación, e probaron tamén o medo da escuridade.

Até fixeron cola!!!

A ver que inventamos para o ano que vén!!





Sem comentários:

Enviar um comentário