terça-feira, 5 de junho de 2018

Biblioteca Expandida!

Durante as obras de ampliación e reordenación da Biblio, buscamos reducir o espazo ocupado por anaqueis para facer a sala máis accesíbel, sobre todo por persoas com problemas de mobilidade, e tamén máis polivalente, obtendo espazos amplos que poidésemos laterar segundo as necesidades: unha charla, un obradoiro, traballo en grupos, etc.

E aínda así, non nos chega o espazo!

Así optamos por expandir a Biblioteca e mandala fóra dos muros coloridos que xa ten. 

1. Levamos as Novidades para o corredor, a ocupar o dobre de espazo que antes. Como é lugar de paso, para ir à Biblio, para ir aos baños, sempre hai quen para a mirar que cousas novas van chegando (moitas, por certo). 

Fondos novos de abril...
2. Introducimos un novo servizo: O Préstamo para Familias, copiando a idea do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro:


Unha selección de libros de todo tipo...

.... na entrada do cole. 

 Vés un momento a recoller á nena para ir ao médico, ves traerlle a merenda, que lle esqueceu, ves falar coa titora mais está a atender a outra mamá? Aproveita, mira, e leva un libro...

Só tes que cubrir a a folla de autopréstamo!

3. En colaboración coa Comisión de Convivencia, estamos a preparar un novo Espazo de Xogo e lectura libre: 

Aproveitando outra das propostas artísticas de 3ºESO... 

Estamos a recuperar o recanto debaixo das escadas...

Está situado entre a porta do patio e a Biblioteca. Nel colocaremos asentos cómdos, xogos de mesa, xornais e revistas. Para o curso que ven encargarase da súa xestión o alumnado que faga parte do Grupo de Activistas da Biblio.

Cando esté listo xa presumiremos de resultado!


Sem comentários:

Enviar um comentário