Cando fixemos o expurgo na Biblio, dixo Hortensia, a profa de Plástica de secundaria:
- Deixádeme a mim os libros que retiredes, que aínda facemos algo!
E decidiu facer unha proposta ao alumnado de 1º ESO: intervir artísticamente os libros desbotados para facer deles obxectos artísticos.
A intención era montar a exposición dos resultados no Día do Libro, pero a artistada estaba tan inspirada e foi tan perfeccionista, que quedou para as Letras, que tanto ten e o mesmo é: celebrar a literatura.
Cada equipo de nenos e nenas, un libroarte. |
E cada libroarte, unha historia, ou máis! |
Cantas vidas pode ter un libro!! |
Mesmo acabar como acordeón! |
Sem comentários:
Enviar um comentário