Dentro do programa Piteas, en secundario decidimos pór en marcha unha canle de televisión para o cole.
Para poder conseguilo, en Xaneiro tivemos un obradoiro para profes e alunado con Illa Bufarda, expertas en audiovisual. E o cole, asesorado por elas, mercou o material básico para este tipo de proxectos (e outros): tablets, trípodes, micros, etc.)
En 1º e 2º ESO estamos a traballar na elaboración dos nosos programas: desde o espazo metereolóxico até a serie televisiva.
|
A preparar o documental sobre Lavandeiras e Canteiras |
|
Dúas canteirAs a contarnos a súa experiencia como mulleres nun mundo de homes. |
|
A gravar a presentación do Social Experiments, o noso programa de entretemento. |
Claro que, unha canle que se prece, ten que ter o seu LOGO.
E aí entrou Booking, a nosa mascota, que enviou cartas a todas as clases, convidando a sdeseñar unha proposta de logo e nome para a nosa TV.
Finalmente, o deseño gañador foi este, por sinxelo, por significativo (colle o nome do monte máis alto e o seu perfil como imaxe), e por representativo.
|
O orixinal do noso novo logo |
Despois de falalo co autor e coas expertas en deseño, escollemos o negro e o verde como para o logo, e fixemos, nun par de recreos, a súa versión a cor...
|
Está ben, eh!! |
Sem comentários:
Enviar um comentário