terça-feira, 4 de junho de 2019

O túnel de Nadal

- Pró, xa recollemos todo o do túnel do terror. 
- Carai, que ben! Non houbo nin que recordárvolo!
- E temos unha idea nova.
- Ahhhhh! o de recoller era con segundas... 
- Pensamos en facer un túnel de nadal...
- E isso que é? 
- É como un túnel do terror pero en vez de haber personaxes que dan sustos, hai personaxes de nadal que dan caramelos e presentes, os reis magos, o papá noel... 
- A escola ten que ser laica, non todo o mundo celebra o nadal. Por que non facedes unha cova do Apalpador, que é unha personaxe tradicional e cadra mellor co tema da tradición oral? 
- Nós queremos os reis magos e o papá noel!
- A Biblio non pinta nada aí... 
- Si, porque os regalos poden ser libros para a Biblioteca de aula. 
- Eu non podo axudarvos, que teño gardas de recreo.
- Tranqui! Facemos nós!!!

E nunha das aulas de desdobramentos e apoios, comezaron o traballo...

Preparando a decoración
A tipical decoración!
Entretanto, booking, desde a súa gorida, escribiu a todas as aulas, convidándoas a pedir un regalo de nadal: un libro do catálogo especial elaborado por el mesmo e que tiña por tema a tradición oral, tema do centro este curso

O noso grupo de activistas organizou os horarios durante os recreos da última semana de decembro, para que as clases que quisesen, entregasen as súas cartas aos reis ou papá noel (do Apalpador non soubemos máis). E comezaron as visitas!

Canto máis pequenos, máis emocionados.
A curiosidade era xeral.
E si, os reis magos, no seu trono real, recibían e até collían no colo.
A diversión foi xeralizada.
No seu recanto, o papá noel facía o seu traballo...
E as nenas e nenos de 4º EP non dubidaron en cantarnos a panxoliña que aprenderan na clase de Música... que ben lle dan!!



Chegaron unha chea de cartas, cada cal mellor elaborada....

Só un grupo, de todo o centro, non quixo pedir libro... (non imos dicir cal...)
E á volta das vacacións... non acabou o traballo. 

Reconto de petición, encarga de libros...

O lobo con botas, o best-seller
E empacotalos, e facer as entregas. 

O obradoiro de empacotado vai haber que repetilo...
- Pois ao final aínda saiu ben a actividade...
- Pois vaite preparando, pró, que temos unha idea para o 14 de febreiro.

---- medo----






Sem comentários:

Enviar um comentário