quarta-feira, 5 de junho de 2019

Atlántica: Sofia Maul

Ligado ao tema transversal do centro, De boca a orella: a tradición oral, convertémonos, agardamos que por moitos anos, en entidade colaboradora do Festival Atlántica, certame internacional de narración oral. 

Por iso, veu visitarnos Sofía Maul, contadora da Illa de Madeira. Realizou unha sesión para o alumnado de secundaria, na que enfiou historias da súa illa, que moito se parecen, no falar e no contar, ás nosas. 

Que teñamos a Biblioteca patas arriba por causa da inundación, non impide que fagamos cousas: ocupamos os corredores e xa está. 

Se non temos Biblio, ocupamos corredores!
Sofia, botando contos de xente espilida.
O conto da moza con homiño ciumento.
Damos palmas porque gostamos!



Sem comentários:

Enviar um comentário