Como fundir o 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, co tema transversal do curso: De boca a orella, a tradición oral?
Pois moi fácil! Coñecendo a Dorothé!!
Dorothé Schubarth foi a protagonista do noso 8 de marzo. Dorothé Schubarth é musicóloga e andou por toda a Galiza recollendo música tradicional para incluila despois nunha obra monumental: O Cancioneiro Popular Galego.
![]() |
| Todo o seu traballo en dez tomos!! |
Curioseando no Cancioneiro descobrimos que Dorothé andou por Cuntis a finais dos anos 70 e recolleu música por casas da zona.
Así que propuxemos ao noso alumnado unha pesquisa:
Estivo Dorothé na túa casa?
E ao, tempo, xogamos coas cantigas e coplas recollidas nas nosas parroquias.
![]() |
| Toda a exposición... |
![]() |
| Dorothé; quen é, por onde andou, e as súas informantas de Cuntis. |
![]() |
| Conseguiremos algún dato máis? |
![]() |
| Un dos xogos: localizar o verso que falta. |
![]() |
| Concurso: serás tan orixinal como a tradición? |
![]() |
| Concurso: o mellor verso para a liña perdida |
![]() |
| Sempre: a urna para as papeletas... |
Do que máis gostamos foi de xogar, claro.
![]() |
| Pois este non sei onde vai! |
Atende á rima!!!
![]() |
| Ah, vai aquí! |
Pero non todo nesta vida e brincallar.
Nas clases de Música todo o alumnado coñeceu a figura de Dorothé, e houbo quen preguntou nas casas, e houbo quen quixo coñecela...
![]() |
| As de 6º EP consultando o Cancioneiro. |
![]() |
| Buah, pero recolleu unha chea de melodías!!! |
Decidimos escribir a Dorothé Schubarth para convidala e vir ao centro.... E respostou... Só que até o curso que vén non pode visitarnos.
Xa estamos impacientes!!
Ah, e demos con unha da informantas de Dorothé Schubarth: a bisaboa de ........ é












Sem comentários:
Enviar um comentário