Levamos anos prometendo unha boa sinalización da Biblioteca seguindo a CDU. Levamos anos sen dar para diante coa idea, postergada sempre por outras urxencias que priorizamos.
Mesmo pode ser pola calma e o impasse que supón a pandemia, que este ano conseguimos darlle un pequeno empurrón ao proxecto.
O alumnado de 1ºESO, estivo a traballar, no primeiro trimestre e na materia de Educación Plástica e Visual, a linguaxe iconográfica. Dentro dese tema, tiveron como proxecto crear iconas para os dez apartados da CDU.
O resultado final, aínda incompleto, é unha marabilla:
1. Filosofía e Ética |
2. Mitoloxías |
4. (baleiro) Producións CPI Aurelio Marcelino |
5. Ciencias da Natureza |
8. Literatura |
9. Xeografía e Historia |
A verdade, iremos con lentitude, mais o resultado e tan artisteiro, que paga a pena esperar.
Que escola de artistas temos!
Sem comentários:
Enviar um comentário