quinta-feira, 27 de outubro de 2016

O mes do Medo: as visitas á Exposición.

Unha vez argallado o Corredor do Medo na Biblioteca, toca darlle uso.

A proposta aos grupos foi a de facer a visita, acompañada dalgunha das seguintes actividades, unha sinxelas, outras máis elaboradas, ao gusto das consumidora:
  • Hora de ler terrorífica: o alumnado fai a visita, escolle un volume, lévao á Biblioteca, le e cando acaba a sesión devólveo ao seu lugar na Expo.
  • Lemos un conto de medo: aproveitando a escuridade, facer a visita escoller un conto, e lelo para o grupo às escuras, sentad@s tod@s no fondo do corredor.
  • Sesión de contos de medo: levar pensados contos e historias de medo e facer unha sesión de contacontos á luz das lanternas.
  • Visita e reserva de libros: se durante a visita algún alumno ou algunha alumna mostra interese por un dos documentos expostos, pode reservar o seu préstamo cando acabe a exposición, nun cadro que teredes enriba da mesa de préstamo, dentro da Biblio. Anotades nen@, curso e número de rexistro do documento.

Hoxe tocoulle a vez às nenas e nenos de Educación Infantil, que van de valentes pola vida, si, mais só cando a luz está prendida...


... porque cando a apagamos...



Ouh! continúan a ser valentes!!!

Que fracaso de Samaín!!!



Sem comentários:

Enviar um comentário