terça-feira, 4 de junho de 2019

25N: Pensas o que dis?

Todos os anos, para o 25N, Día contra a Violencia de Xénero, preparamos unha exposición de fondo que recomendamos para ler/ver/escoitar e traballar nas aulas e nas casas e nas rúas e nos parques. 

Temos materiais para todos os niveis e todas as idades...
E alumnas interesadas en saber máis!
Pero este ano quixemos darlle unha volta á actividade do día e reflexionar sobre o que acontece no noso entorno máis inmediato. Dunha conversa xurdida no Club de Lectura das grandes, decidimos facer unha listaxe de frases e comentarios que as mozas e nenas da escola escoitan no día a día, proferidas por amizades, familia, colegas, parellas... por tantas de nós!!

Decidimos anotar comentarios positivos e negativos... positivos?
E partindo deles, traballando en secreto durante os recreos (viva o activismo!) e en colaboración coa profe de Plástica, elaboramos carteis que recollían as frases que nos pareceron máis significativas e impactantes. 

Traballo en equipo!
Moito calcamos e pintamos!
O día 25 de novembro, no primeiro dos tres recreos, ceibamos as frases no patio. Todas elas. Mesmo as insultantes.

Pensamos o que dicimos?
En serio?
De verdade?
O alumnado, ao saír, chocou, literalmente, coa listaxe de insultos e desprezos. 

Todo iso dicimos? Todo iso?
Buah, olla!
Iso tamén nolo din a nós....
A actividade deu que falar. Houbo a quen non lle pareceu ben que apareceran palabras feas nun patio de escola, mais a reflexión que propuñan as nosas mzoas era que esas palabras as escoitan no día a día. 

Elas mesmas pediron para sacar a intervención fóra do cole. E na última sesión de clase, alá foron para tinxir Cuntis coa mesma pregunta: pensas o que dis? 

Non deberiamos deixar pasar estes comentarios.
Os recados que recibimos as mulleres non levan a bo camiño...
Cadaquén que escolla o camiño que segue...





Vivan os recreos!

Unha das cousas que máis alegría nos dá é ver a biblioteca chea de xente durante os recreos. E non veñen só pedir libros, ou devolvelos, que está ben. Veñen facer cousas e mesemo, simplemente, a estar. 

Sempre hai alguén nos computadores procurando información ou visionando titoriais...
E sempre hai alguén a ler libros...
E sempre hai alguén no recanto de xogos...
E mesmo ás veces, hai clases de debuxo...
E sempre hai xente ao conto, tradición oral.



Túnel do terror

- Pró, e este ano non fas o túnel do terror. 
- Ai, eu teño un monte de traballo. E ademais, na Biblioteca xa non o damos feito, que está diferente e non se dá instalado como o ano pasado. 
- Podemos facelo nun dos corredores da escola.
- Mais eu sempre teño garda na Biblio. Non podo estar no corredor a traballar.
- Facémolo nós!
- Facedes?
- Facemos!!

E fixeron!

Gastaron os seus recreos en decoracións...
E montaxes...
Convidaron a todo o centro a visitar o Túnel durante os recreos do Mes do Medo. 

Pero antes, propuxemos a todos os grupos do centro incluir no Túnel as medoñentas marabillas da nosa tradición oral, con esta proposta de traballo.



(E non temos máis fotos porque a profa estaba sempre de garda na Biblio) 

A butaca de contar

Como o tema transversal do centro este ano é a tradición oral, decidimos aquelar a biblioteca para o caso. Chegou un día un enorme paquete que, ao abrirmos desvelou unha butaca de orellas e unha folla de instrucións. 

Butaca de contar: 
só pode sentar nela quen conte unha historia
ou, na verdade, 
quen senta nela sente irremediabelmente vontades de narrar. 

E comprobamos que funcionaba. E non só conta quen senta nela. Quen senta darredor, escoita!

Sen argallar aínda propostas de contada, a butaca facía efecto.
Nos recreos as axudantas do Booking só facían unha advertencia:
- Ai, non, se queres sentar aí, tes que contar un conto...

E veña contos para aquí!
E cada vez máis público!
As usuarias acrescentaron outra única norma: 
- Ai, se queres ter ao Booking no colo, tes que sentar na butaca e contar un conto...

E o número de contadoras aínda creceu máis!!
Como non podía ser menos, no mes do medo, os contos foron de terror... e ás escuras!

Ui, que medo!!
Está claro, todas gostamos de contar. É só dar un tempo e un espazo para iso e saen contadoras de debaixo das pedras. 






domingo, 2 de junho de 2019

Que é isto?

Booking fixo outra proposta para animar ao alumnado a coñecer e investigar o Museo.

Nun recreo apareceu na entrada do centro ese estraño obxecto: 

A ver, listas, que é? 

Nariz e ollos ten
E uns moños estilo princesa Leia, tamén.
Booking é boa xente, e deixou algunha pista para favorecer o traballo das investigadoras.

A ver, que é? 
Realmente o obxecto deu que falar e que mirar...

Fuchicando para saber...
Ábrese? Que material é?
As pistas daban máis que falar que axuda real...

e continuamos a fuchicar!
Finalmente que foi? Houbo gañadora? 

Houbo. Carla Abal, de 1ºESOA soubo que era unha lanterna máxica. O mellor é que o soubo pola súa aboa, que deduciu que podía ser pola descrición da neta. 



A porta misteriosa

Neste ano unha cousa estraña aconteceu na Biblioteca. Había unha porta na que nunca reparáramos. 

A porta misteriosa


Cacho chave nos vai facer falta!

Que haberá alén do interrogante? Un almacén? A casa de Aurelio Marcelino? A gorida do Booking?

O Booking retounos a conseguir a chave para entrar. Cada día, durante unha semana, deixounos nas aulas unha adiviña que debíamos resolver. Se o conseguiamos, a cambio, recibiamos unha letra. Se dabamos xuntado as cinco letras, teríamos superada a selección para integrar o Equipo de Investigación do Booking.



No recreos, a señora bibliotecaria recibía propostas de solución ás adiviñas...


Mmmmmmm! non sei se estará ben...
Se conseguiamos resolver, a cambio, recibiamos unha letra. Se dabamos xuntado as cinco letras, teríamos superada a selección para integrar o Club de Investigación do Booking.
E demos! Todas e todos! 

Temos letras! conseguimos carnet!
Unha chea de investigadoras temos na escola!



E co carnet na man, xa puidemos mirar que había aí detrás...

Ghuaue! Imos entrar!

Até as mascotas das aulas fixeran carnet!

A emoción foi grande... 







E todos os grupos fomos coñecendo o misterio por tras da porta...

O MUSEO!!


Cheo de cacharradas que nunca antes na vida tocamos!
Moito gostamos!!
E entráronnos ganas de saber máis de todos eses obxectos... 

... que era o que quería o Booking.

Agora temos que traballar, nesta proposta que fixemos para ocuparnos o curso enteiro. 

E sempre que imos á biblio, nom marchamos sen dar un mimo ao tigre... 

...porque Booking non traba.


Queres coñecer a biblioteca?

Comezamos o curso co Booking supertraballador. Botaba de menos ao alumnado do centro e decidiu enviarlle un convite para coñecer a súa gorida. 


Para non liarse moito, citou a cada grupo na súa propia sesión...
O que non agardaba a nosa mascota foi... 

.... recibir resposta!! Que feliz quedou!
Até creou un recanto na biblio para colocar as cartas...

Para cartas e mails, que temos alumnado hi-tec
Nas visitas, as axudantas de booking explicáronlle a cada grupo o truco para entenderse entre tanta estantería e tanto volume de libros: a CDU. Tiraron para iso desta presentación


Aínda que non mirásemos moito para a pantalla... 
As profas e os profes tamén aprendemos, eh!

A sesión para profas foi xa en Setembro.
A medida que coñecíamos temas e cores e seccións xogamos a encontralas pola biblio. 

O verde? As Ciencias Naturais? Onde estarán?
E os libros de pensar? Onde está a filosofía?
Unha vez que coñecemos como debe estar organizada a biblio, booking pediu un favor à meniñada: axudarlle a sinalizar con xeito as estantes todas. 

E a meniñada dixo SI!!!