terça-feira, 22 de dezembro de 2020

Recomendacións lectoras: un inverno na casa

Nestas vacacións toca máscara, distancia social e casiña. Mais nada impede que poidamos facer iso cun libro nas mans. E mesmo con música de acompañamento.

Aquí as nosas propostas para este inverno: 





sexta-feira, 26 de junho de 2020

Encontro interxeracional

Dentro do proxecto de centro, o alumnado de 4º ESO estaba a traballar, coas profesoras de Lingua Galega e Lingua Castelá, a cuestión da memoria histórica

Visionamos os documentais A pegada dos Avós e El silencio de otros e iso espertou a curiosidade do grupo por saber mais de como foi vivido o golpe de estado do 36 e a guerra nas súas familias, nos seus lugares. 

Coincidindo con isto, desde o Centro de Día do Concello propuxéronnos unha visita dxs seus/súas usuarixs para un encontro coa rapazada e pensamos que sería estupendo que puidesen compartir a súa experiencia con este grupo de mozas e mozos. 

Non sabíamos como sacar o tema que nos interesaba, porén aconteceu a maravilla: saiu o asunto de maneira espontánea e foi brutal escoitar os horrores da represión narrada polas súas testemuñas case directas. 

Adoramos!

Contando de cando moceaban....
E de cando traballou en Vigo!
O que lle fixeron á miña nai... 

Nunca a butaca de contar fora tan emocionante... 

Fixemos, felices, foto de grupo.

Estabamos a 10 de marzo. 

Quen diría que dous días despois nos habían mandar para a casa e non nos veríamos máis en todo o curso... 


O mundo que queremos

Os grupos de 6º EP e 2º ESO participamos, dentro do Plan Proxecta, no programa O Mundo que queremos, no que aprendemos de todo sobre a cooperación internacional e o desenvolvimento sostíbel. 

Entre as actividades que realizamos estivo un obradoiro de radio que o alumnado de 6ºEP fixo na Biblioteca. 

Aprendendo sobre o mundo da radio
Isto é un micro!
No web do proxecto podedes escoitar os programas que fixemos, ademais dos audiovisuais que fixeron os outros grupos. 


8M: Dereitas e Humanas

Como todos os anos, desde a Biblioteca preparamos unha proposta de actividades para traballar no 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. 

Como este ano o tema de centro son os Dereitos Humanos non podíamos dedicar o día a outras mulleres que non foran as activistas en loita polos dereitos de todxs. 

Para ambientar a entrada do centro non esquecemos os paraugas. E pedimos ao noso grupo de activistas da Biblio, ademais das titorías, que deseñasen o símbolo do feminismo loitador para pendurar das varas: 

Feminismo ilustrado
A verdade é que nunca tanto xogo deron uns paraugas

Preparamos dous xogos, que obrigaban a revisar os fondos da exposición que preparamos para o caso: 

Un de nome Mulleres en Loita enorme, cunha chea de activistas que había que asociar co Dereito Humano polo que pelexaron: 

Non están todas as que son, mais si son todas as que están.
Procuramos visibilizar mulleres de todos os continentes
E de épocas variadas
A cousa non era fácil...
Non tiñan máis remedio que consultar nos libros. 
O outro xogo, o Aí falaches!: relacionar frases coa activista que as pronunciou. 

Faltan as mulleres...
Ui, aí non!!
Colocamos tamén un 8M feito de post-its para cadaquén escribir libremente as reflexións que quisera: 

Quedou un corredor cheo!
E cremos que os grupos gostaron...
Sempre gostan...



A loita dos pixamas

No Entroido no noso centro sempre o pasamos ben. 
Ademais de argallar os disfraces nas aulas e organizar o desfile e xs de ESO preparar coreografías e mesmo coplas e cantos, durante toda a semana contamos cun CHAPANTE que nos propón unha consigna diaria para nos disfrazar. 

Este ano escollémolos relacionados co tema transversal Dereitos Humanos: somos diferentes, somos iguais: 
  • Luns: Como temos dereitos á SANIDADE, venda o teu corpo á túa vontade. 
  • Martes: A liberdade de expresión é outro dereito, trae unha palabra escrita no peito.
  • Mércores: Como xogar é un deretio moi importante trae un xoguete como colgante.
  • Xoves: Polo dereito a ter un alimento axeitado, trae na cabeza unha hortaliza como tocado.


E foi o escándalo: 

- E o pixama? 
- E o día de vir en pixama? 
- Por que non podemos vir en pixama?? 
- Levamos toda a vida vindo un día en pixama!
- TEMOS DEREITO A VIR EN PIXAMA!!!

E as activistas decidiron organizar un concurso desfile de pixamas para desafiar a autoridade antroideira e reivindicar o seu dereito a unha identidade pixamosa. 

Unha cousa seria, ei, con pasarela e xurado!

Grande expectación!

Até veu Booking - Pixameiro
E houbo serios debates e gañadores/as finais. E presente bibliotecario: candaseu libro!

Cousa seria, chico!





Activistas entroideiras

- Susana, temos que falar contigo.
- Que aconteceu? 
- Estes días ven moi pouca xente á biblioteca. 
- Ben, vai sol por fin. Tamén é normal que queiran ir ao patio.
- Xa, pero non podemos ficar quietas. E pensamos en facer algo para darlle vida. 
- Ai, si?
- Pensamos en organizar un obradoiro de máscaras, xa que estamos en Entroido. Se non é moi caro, claro. 
- Sen problema. Dicide o que necesitades e eu consigo. Monitorizades vós? 
- Si, encargámonos nós!

E así foi. Un grupo de activistas ben activo!

As normas da actividade
Non, non era moi caro o material esixido
Decorando carautas...
Frozen e Rosalía de Castro, os éxitos!
O obradoiro desenvolveuse ao longo de varios recreos.

Os unicornios existen. E as crianzas que len na biblio tamén :)

Acabada a actividade, o grupo de activistas ficou contento e orgulloso. E decidimos que sería a primeira de moitas propostas. 

Temos canteira!!




quinta-feira, 25 de junho de 2020

Ciclo de Cine e Dereitos Humanos

Outra data que non podíamos deixar pasar o Día Internacional da Paz e a Non Violencia

Desde a biblioteca quixemos colaborar organizando un Ciclo de Cine e Dereitos Humanos. 

Fixemos todo: a proposta didáctica para o profesorado, a exposición de fondos, a selección da carteleira e mesmo a publicidade!

Libros de película e películas de libro

Cada dereito, asociado a un filme.
As guerras, grandes protagonistas
Como indicamos antes, até publicitamos o ciclo: 

E reciclamos os paraugas!
E tocou motar a sala de cine. A biblioteca dá para todo!

Voluntariado axudando ao Booking a colocar as butacas...
E comezaron as proxeccións: 

Non o notades, mais ven un cheiriño....
Porque non hai peli sen flocos de millo...

Por unha semana, incumprimos a norma de non comer na Biblio.