terça-feira, 4 de junho de 2019

Doa unha peza

Cos boletíns de notas do primeiro trimestre, chegou unha carta especial a todas as casas. A proposta para doar unha peza ao Museo Xesús Ferro Couselo, para incrementar os seus fondos tanto como a conexión coa comunidade. 

As doazóns poden ser temporais ou permanentes. Aceptamos calquera obxecto que tenha valor histórico, etnográfico e mesmo sentimental.

Á volta das vacacións chegaron as primeiras pezas das casas do alumnado... 


Adopta unha peza

Co reinicio das clases, Booking voltou pedir axuda ao alumnado do centro.
Quere reabrir o Museo Xesús Ferro Couselo ao público, mais para iso antes é preciso reordenar os fondos, estudalos e preparar guías dos mesmos.
Así que escribiu á rapazada propoñendo colaboración. Podía adoptar unha das pezas do museo e encargarse de investigala e partillar co resto da comunidade os resultados da súa pesquisa.

E alá foi todo o mundo a escoller crianciña para coidar...

O grupo de 3ºA EP adoptou o Telurio. Que será?
O grupo de 6º de EI adoptou os trebellos do liño.
O grupo de 3ºESO A adoptou o tocadiscos. Festa!
Un dos equipos de 1ºESO B adoptou a máquina de escribir.
O tocadiscos é un dos reis do Museo. Tamén lle gustou a este equipo de 1ºESO B
Este equipo, si, de 1º ESO B, adoptou os utensilios de escritura.
O último equipo de 1º ESO B adoptou a máquina rexistradora.




Recomendacións de Inverno

Como non podía ser menos, outro ano máis, cos boletíns de notas, acompañamos as nosas recomendacións lectoras para o inverno, para regalar ou para pedir de regalo. 




O túnel de Nadal

- Pró, xa recollemos todo o do túnel do terror. 
- Carai, que ben! Non houbo nin que recordárvolo!
- E temos unha idea nova.
- Ahhhhh! o de recoller era con segundas... 
- Pensamos en facer un túnel de nadal...
- E isso que é? 
- É como un túnel do terror pero en vez de haber personaxes que dan sustos, hai personaxes de nadal que dan caramelos e presentes, os reis magos, o papá noel... 
- A escola ten que ser laica, non todo o mundo celebra o nadal. Por que non facedes unha cova do Apalpador, que é unha personaxe tradicional e cadra mellor co tema da tradición oral? 
- Nós queremos os reis magos e o papá noel!
- A Biblio non pinta nada aí... 
- Si, porque os regalos poden ser libros para a Biblioteca de aula. 
- Eu non podo axudarvos, que teño gardas de recreo.
- Tranqui! Facemos nós!!!

E nunha das aulas de desdobramentos e apoios, comezaron o traballo...

Preparando a decoración
A tipical decoración!
Entretanto, booking, desde a súa gorida, escribiu a todas as aulas, convidándoas a pedir un regalo de nadal: un libro do catálogo especial elaborado por el mesmo e que tiña por tema a tradición oral, tema do centro este curso. 

O noso grupo de activistas organizou os horarios durante os recreos da última semana de decembro, para que as clases que quisesen, entregasen as súas cartas aos reis ou papá noel (do Apalpador non soubemos máis). E comezaron as visitas!

Canto máis pequenos, máis emocionados.
A curiosidade era xeral.
E si, os reis magos, no seu trono real, recibían e até collían no colo.
A diversión foi xeralizada.
No seu recanto, o papá noel facía o seu traballo...
E as nenas e nenos de 4º EP non dubidaron en cantarnos a panxoliña que aprenderan na clase de Música... que ben lle dan!!



Chegaron unha chea de cartas, cada cal mellor elaborada....

Só un grupo, de todo o centro, non quixo pedir libro... (non imos dicir cal...)
E á volta das vacacións... non acabou o traballo. 

Reconto de petición, encarga de libros...

O lobo con botas, o best-seller
E empacotalos, e facer as entregas. 

O obradoiro de empacotado vai haber que repetilo...
- Pois ao final aínda saiu ben a actividade...
- Pois vaite preparando, pró, que temos unha idea para o 14 de febreiro.

---- medo----






Una piñata para Booking

Como teoricamente este ano imos realizar as últimas obras de remodelación da Biblioteca, pensamos que sería boa idea facer unha piñata adicada ao booking, que presidira o local durante o curso e que poidéramos rachar cando a inauguración, a final de curso. 
Así, coa colaboración da mamá de Mariña e André, Irene, organizamos un 

Obradoiro de Piñatas


Quedamos o mércores 29 de novembro, pola tarde, na hora de apertura da Biblio, todo o alumado do Club de Lectura que quiso asistir. 
Irene foinos explicando todos os pasos que debiamos dar e nós, boísimas, fomos cumprindo as encargas que nos facía.

O primeiro, cortar tiras de papel. Moitísimas!
E cortar tamén tiras de cartón. Moitísimas, tamén.
Unha vez cortado, abrandar o cartón para que sexa flexíbel.
Iso faise acariñándoo con moito amor e firmeza.


Imos grampando as tiras de cartón...
... para darmos forma á cabeza do Booking.
Non podemos esquecer colocar o cordeliño de pendurar do teito
E. con cola de carpinteiro, comezamos a encher a estrutura coas tiras de papel.
E veña a pegar papel!
Hai que ir cortando tiras de papel de seda, para a decoración exterior...
De verdade que de aquí vai sair un tigre???
O tempo do obradoiro acabou. Decidimos deixar secar a estrutura e pegar as cintas finais outro día. parecerase ao booking, esta piñata? 



25N: Pensas o que dis?

Todos os anos, para o 25N, Día contra a Violencia de Xénero, preparamos unha exposición de fondo que recomendamos para ler/ver/escoitar e traballar nas aulas e nas casas e nas rúas e nos parques. 

Temos materiais para todos os niveis e todas as idades...
E alumnas interesadas en saber máis!
Pero este ano quixemos darlle unha volta á actividade do día e reflexionar sobre o que acontece no noso entorno máis inmediato. Dunha conversa xurdida no Club de Lectura das grandes, decidimos facer unha listaxe de frases e comentarios que as mozas e nenas da escola escoitan no día a día, proferidas por amizades, familia, colegas, parellas... por tantas de nós!!

Decidimos anotar comentarios positivos e negativos... positivos?
E partindo deles, traballando en secreto durante os recreos (viva o activismo!) e en colaboración coa profe de Plástica, elaboramos carteis que recollían as frases que nos pareceron máis significativas e impactantes. 

Traballo en equipo!
Moito calcamos e pintamos!
O día 25 de novembro, no primeiro dos tres recreos, ceibamos as frases no patio. Todas elas. Mesmo as insultantes.

Pensamos o que dicimos?
En serio?
De verdade?
O alumnado, ao saír, chocou, literalmente, coa listaxe de insultos e desprezos. 

Todo iso dicimos? Todo iso?
Buah, olla!
Iso tamén nolo din a nós....
A actividade deu que falar. Houbo a quen non lle pareceu ben que apareceran palabras feas nun patio de escola, mais a reflexión que propuñan as nosas mzoas era que esas palabras as escoitan no día a día. 

Elas mesmas pediron para sacar a intervención fóra do cole. E na última sesión de clase, alá foron para tinxir Cuntis coa mesma pregunta: pensas o que dis? 

Non deberiamos deixar pasar estes comentarios.
Os recados que recibimos as mulleres non levan a bo camiño...
Cadaquén que escolla o camiño que segue...





Vivan os recreos!

Unha das cousas que máis alegría nos dá é ver a biblioteca chea de xente durante os recreos. E non veñen só pedir libros, ou devolvelos, que está ben. Veñen facer cousas e mesemo, simplemente, a estar. 

Sempre hai alguén nos computadores procurando información ou visionando titoriais...
E sempre hai alguén a ler libros...
E sempre hai alguén no recanto de xogos...
E mesmo ás veces, hai clases de debuxo...
E sempre hai xente ao conto, tradición oral.