terça-feira, 1 de junho de 2021

Que arte tes!

 O proxecto transversal que temos este ano leva por nome 

QUE ARTE TES!

A ideia é traballarmos, ao longo do ano, todas as Belas Artes, para descobrir a nosa faceta artística: terei mañas para a música. para a a escultura, para o cinema?

Como actividade de motivación para o alumnado e para nos meter en materia, lembrámonos dun álbum marabilloso que tiña moito que ver con alguén da biblio....


Houbo alguén que, ao ler este libro, pensou que quería un retrato para que presidise a biblioteca. 

Quen sería? 

Chegaron cartas ás aulas, houbo exposición no corredor... 


Cada ovella coa súa parella

A pintura orixinal e a versión bicheira

E a sorpresa...


Para facer ganas, unha selección e fondos sobre pintoras, pintores e escolas. 


E unha proposta: facer retratos de Booking!


Para o profesorado, preparamos unha proposta de planificación anual, que podedes consultar nesta ligazón.

segunda-feira, 31 de maio de 2021

Usos da Biblioteca en Pandemia

 Tivemos moita sorte. 

Na reorganización do centro e dos espazos para nos adaptar ao Protocolo Covid-19, non tivemos que destinar a Biblioteca Escolar a aula de ningún grupo. 

Decidimos deixala disponíbel para poder facer traballo por equipos cooperativos. Habilitamos seis mesas con mamparas para equipos de catro persoas, de maneira que todos os grupos do centro tiñan posibilidade de no renunciar a esta metodoloxía de traballo (o grupo mái numeroso é de 23 alumnxs).

Entre grupo e grupo cooperativo, distancia.

A única posibilidade de nos mirar frente a frente



segunda-feira, 24 de maio de 2021

Que curso nos agarda!!

 Voltamos a escola neste setembro con moitas dúbidas sobre como se vai desenvolver o curso, que poderemos facer ou non na biblio, se poderemos usala con normalidade... 

A verdade é que Booking ten boa disposición e xa está a preparar o Protocolo Covid-19 e a practicar coa máscara. 

O primeiriño un lavado desinfectante


O segundo, aprender a pór a máscara

E finalmente, preparar o espazo da biblio para que poda ser usada: retirar xogos, gardar o sofá e a butaca...

E colocar mesas con mamparas para podermos traballar en equipos...

Que o ano sexa propicio!!

terça-feira, 22 de dezembro de 2020

Recomendacións lectoras: un inverno na casa

Nestas vacacións toca máscara, distancia social e casiña. Mais nada impede que poidamos facer iso cun libro nas mans. E mesmo con música de acompañamento.

Aquí as nosas propostas para este inverno: 





sexta-feira, 26 de junho de 2020

Encontro interxeracional

Dentro do proxecto de centro, o alumnado de 4º ESO estaba a traballar, coas profesoras de Lingua Galega e Lingua Castelá, a cuestión da memoria histórica

Visionamos os documentais A pegada dos Avós e El silencio de otros e iso espertou a curiosidade do grupo por saber mais de como foi vivido o golpe de estado do 36 e a guerra nas súas familias, nos seus lugares. 

Coincidindo con isto, desde o Centro de Día do Concello propuxéronnos unha visita dxs seus/súas usuarixs para un encontro coa rapazada e pensamos que sería estupendo que puidesen compartir a súa experiencia con este grupo de mozas e mozos. 

Non sabíamos como sacar o tema que nos interesaba, porén aconteceu a maravilla: saiu o asunto de maneira espontánea e foi brutal escoitar os horrores da represión narrada polas súas testemuñas case directas. 

Adoramos!

Contando de cando moceaban....
E de cando traballou en Vigo!
O que lle fixeron á miña nai... 

Nunca a butaca de contar fora tan emocionante... 

Fixemos, felices, foto de grupo.

Estabamos a 10 de marzo. 

Quen diría que dous días despois nos habían mandar para a casa e non nos veríamos máis en todo o curso... 


O mundo que queremos

Os grupos de 6º EP e 2º ESO participamos, dentro do Plan Proxecta, no programa O Mundo que queremos, no que aprendemos de todo sobre a cooperación internacional e o desenvolvimento sostíbel. 

Entre as actividades que realizamos estivo un obradoiro de radio que o alumnado de 6ºEP fixo na Biblioteca. 

Aprendendo sobre o mundo da radio
Isto é un micro!
No web do proxecto podedes escoitar os programas que fixemos, ademais dos audiovisuais que fixeron os outros grupos. 


8M: Dereitas e Humanas

Como todos os anos, desde a Biblioteca preparamos unha proposta de actividades para traballar no 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. 

Como este ano o tema de centro son os Dereitos Humanos non podíamos dedicar o día a outras mulleres que non foran as activistas en loita polos dereitos de todxs. 

Para ambientar a entrada do centro non esquecemos os paraugas. E pedimos ao noso grupo de activistas da Biblio, ademais das titorías, que deseñasen o símbolo do feminismo loitador para pendurar das varas: 

Feminismo ilustrado
A verdade é que nunca tanto xogo deron uns paraugas

Preparamos dous xogos, que obrigaban a revisar os fondos da exposición que preparamos para o caso: 

Un de nome Mulleres en Loita enorme, cunha chea de activistas que había que asociar co Dereito Humano polo que pelexaron: 

Non están todas as que son, mais si son todas as que están.
Procuramos visibilizar mulleres de todos os continentes
E de épocas variadas
A cousa non era fácil...
Non tiñan máis remedio que consultar nos libros. 
O outro xogo, o Aí falaches!: relacionar frases coa activista que as pronunciou. 

Faltan as mulleres...
Ui, aí non!!
Colocamos tamén un 8M feito de post-its para cadaquén escribir libremente as reflexións que quisera: 

Quedou un corredor cheo!
E cremos que os grupos gostaron...
Sempre gostan...