segunda-feira, 28 de maio de 2018

E voltamos das vacacións...

E a obra estaba (case) feita, e a biblioteca era máis grande, pero había que reordenar todo. 

TODO!!

Menos mal que contamos cun enorme equipo de traballo!

O vidro novo! (e o ancho novo)


Temos que levar as estantes ao seu sitio (e o ancho novo)


E colocar os libros novamente no seu lugar...

Non houbo maneira máis práctica de aprender a CDU!


Aprender a CDU e algo de alpinismo.



Letras de inverno

E como veñen aí as vacacións de Nadal, e teremos unha chea de tempos para ler ao calor da lareira ou da cociña de pellets, e como chegarán presentes de apalpadores, noeles, reis e reisiños, aquí vos deixamos as RECOMEDACIÓNS LECTORAS da Biblio, para todas, pequenas e grandes. 






quarta-feira, 23 de maio de 2018

Obras 2: desfacer todo!

Para deixar a Biblioteca preparada para as obras de Nadal, recibimos unha orde: 

Hai que deixar libres as paredes para tirar e tapar todo o máis posíbel por cousa da poeira... 

MIMÁ!!


Menos mal que temos un equipazo de voluntarias e voluntarios que non nos deixaron soas na tarefa e, entre recreos, horas de garda e algunha hora de clase roubada, fixemos o que parecía imposíbel. 

Optamos por gardar os libros en caixas.


Teoricamente por orde...
Baleirar estantes e estantes...

E acabamos as caixas e aínda quedaban libros...


E cambiamos de opción.A biblio ía perdendo volume(s).
E os libros foron a monte para despois ser tapados...

E xa o de ordear... quedou para a volta!

Que sensación estraña!

A cousa case está!

Trabalho feito!!
Iso si, non todo vai ser traballar!!!

O mellor de todo: que o feito de termos a biblioteca desmontada non impide a quen o desexa, gozar da lectura. 

Sempre encontramos onde!!


Adoramos!






Obras!!!

GRANDE NOVA
GRANDE NOVA!


Acaban de comunicarnos desde a Dirección do centro que unha das nosas propostas vai facerse real durante as vacacións de Nadal...

Temos un local grande, luminoso e espacioso...


... e moooooi longo!

E temos un corredor ao ladiño longo e escuro que non aproveitamos nada... 

Así que pedimos que tirasen parte do tabique que separa a biblio do corredor para incorporar parte deste ao local.


Un dos muros que van cair é ese de aí... 

E a metade do muro amarelo...

Claro que para facer a obra teremos que retirar libros e estantes e mesas e... 

Ai, canto traballo!!!



O noso xogo é noso

Xa chegaron á Biblioteca os nosos exemplares do traballo do ano pasado dos Equipo de Dinamización Lingüística: o xogo de mesa sobre Cuntis elaborado colaborativamente por todo o alunado da ESO. 

É certo que os xogos foron depositados, aínda que iso non quere dicir que teñan éxito. O éxito só o teñen se alguén gasta o recreo en botar unha partida. 

Alguén faría iso? 

Si!!

Collérono sen que ninguén lles mandara!


Sábeo? Non o sabe?

Igual o de preparar un recanto de xogos é necesario...



Traballando a CDU

En 2º ESO, nas clases de Lingua Castelá, estamos a aprender a organización da Biblioteca para despois explicárvola a todos os grupos que queirades. 

Para iso estivemos investigando que é a CDU...

Bucamos información, fixemos os nosos esquemas...

Aclaramos conceptos, como os temas de cada sección...

E organizamos a información decidindo como partillala con vós. 


O primeiro: deseñar os planos para que saibades onde está cada cousa....

Segundo: elaborar unha Guía Xigante que vos explique a CDU...

Cando teñamos todo listo, chegarán as sesións para grupos.




terça-feira, 22 de maio de 2018

Bibliodecor: pufs e pufs e pufs.

Ese é o resumo do certame Bibliodecor, ese ao que vos convidei a participar para decidirmos como mellorar a Biblio... 


Recibimos unha chea de propostas. 

Todas elas estupendas, e das que demos con detalles e pormenores tan inspiradores que non nos chegaba o diñeiro do PLAMBE para argallar todo, cachis!!

Mais é certo que Booking tiña unha proposta preferida: 


A de Irene!! Adoramos os sillóns-castañas voadores!

Pero houbo moitas máis!


Petición de tobogáns!
Os pufs das emocións (e máis tobogáns).

Unha zona secreta entre un mundo de pufs.

Zona happy!!

Que sairá de aquí!