terça-feira, 22 de maio de 2018

O túnel do terror

Na Biblioteca temos un problema moi moi moi gordo. Xa non podemos deixar de facer o túnel. Lembrades o do ano pasado? 

Pois alá veu a rapazada:
- eló, este ano non o facemos? Necesitas axuda? 

E xa se puxeron a traballar.

Recortar e pegar.
Tiras e tiras de plástico negro!!
E colocamos os libros...

Libros de terror e medo e pavor e fantasmas...
E bruxas, e monstros e demos...
E vampiros, e maleficios, e diabos, e esqueletes...
Para grandes e pequenas.
Só que non sabemos se alguén atendeu á expo...

Para ver a Exposición había que atreverse a entrar no túnel...
E enfrontarse a todo tipo de fantasmas.

A todo tipo de fantasmas!!
E todo o mundo entrou por ver espíritos, non sabemos se alguén por ver libros :/

Entran, mais non miran os libros :(
Esas carreiras, serán para ler? Mmmmm!
Iso si, esas tan maiores que nos miraban con aires de intelectualidade cando recortabamos plastiquiños, acabaron por cair na tentación, e probaron tamén o medo da escuridade.

Até fixeron cola!!!

A ver que inventamos para o ano que vén!!





Novembro: veu Anxo Moure de visita!!

Como andamos de outono e magosto e ciencia e natureza, decidimos enviar un telegrama urxente: 

AUXILIO. STOP. ANXO MOURE. STOP.
ACUDA URXENTEMENTE. STOP. CARBALLO CON BOTAS. STOP.
CONTAR. STOP. CONTO. INFANTIL.  

E o Anxo Moure recibiu o recado, no alto do carballo onde vive alá en Chantada, e veu à escola e contou para todas as nenas e nenos de infantil... 

Reuníronse todos e todas no salón de actos. Que seriedade!
 Mmmmmm! Seriedade? 
Ui, pero quen contaba a quen?

En realidade, convidamos ao Anxo porque un do grupos de Infantil, o de Natalia, levaba varias semanas a traballar co Carballo con Botas, e tiñan as súas landriñas botadas nas súas botas e o Anxo non sabía nada... 

Que sorpresa levou cando visitou a clase!!!
Na Vila do Baño deixou un orgulloso Club de Fans.



Novembro: o mes do outono

E non só temos expostas a cunchas do mar, senón que tamén vos trouxemos as cores do outono que andan a encher de dourados as nosas carballeiras. 


Outono, castañas, magosto, árbores, froitos secos... 
Lestes O Galo Traganoces, o Corre, corre, cabaciña? pasastes medo n'O Bosque?
Escoitastes Proserpina? e comestes un Cocido Sinfónico? 

E para que non estivesen sos e aburridos os libros da Expo, acompañámolos cos traballos do alumnado de infantil e primaria, que deixou o recanto outonizo perdido. 

Revivimos a árbore con todas as nosas creacións: follas, froitos, cogomelos...
Mesmo fixemos os nosos primeiros caligramas!
A castaña. a landra, a folla perdida...
E así quedou o mural: 

GHUAUE!!



Novembro: Exposición de Malacoloxía

Aproveitando o Mes da Ciencia, colaboramos co Club da Ciencia na montaxe da Exposición de Malacoloxía, que nos emprestou o avó de Mariña e André. 
Da Biblio sacamos todo canto libro encontramos sobre cunchas, bivalvos, moluscos e mares para que vos animásedes a descobrir o maravilloso mundo da guía e clasificación de especies, como auténticas Darwins.

O corredor principal do centro ocupado polo mar...
Ben, non toda eran cunchas. Algunha estrela tamén había...
Iso si: chegadas de todos os mares do mundo.
Prepraramos a bibliografía necesaria para...
...decidir cal é cal.

A verdade é que nos encantou!





Novembro: 25N na Escola.

No 25N pensamos e actuamos.
Despois de reflexioanr, através das lecturas os audiovisuais compartidos,  o alumnado de Infantil e Primaria decidiu que quería demostrar que o presente e o futuro son diferentes. Para iso, decidiran fotografiarse por parellas partillando tarefas e actividades que moitas persoas aínda cren que só valen para un xénero ou outro, mais que elas demostran que non é así.
Dando a cara.

Todas e todos a facelo todo.
Cociñar, pasar o ferro, nadar, medir, xogar con camións...
Revisar o motor do coche, xogar ao badminton, varrer, facer ballet...
Xogar ás construcións, ser perruqueiras, coidar os bebés, facer a compra...
Moito aprendermos as maiores...
... E as pequenas!





quarta-feira, 11 de abril de 2018

17M: María Victoria Moreno

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a María Victoria Moreno, que como foi unha (das primeiras) autora de LIX, Literatura Infantil e Xuvenil, nos dá moitas oportunidades para traballar.

Este ano preparamos, unha proposta de traballo e intervención dirixida a todos os niveis e titorías do centro, cuxos produtos final agardamos partillar aquí con vós.
Estes son algúns dos materiais que seleccionamos para traballar:

Telexornal María Victoria Moreno, do CPI Os Dices, de Rois:



Webs con actividades:
Para xogar premede na icona das Letras no web. 

Biografías:

Sobre os libros: 
Acabemos con música: 





quarta-feira, 21 de fevereiro de 2018

8M na Biblio

como as mulleres da Biblio somos traballadoras (moi traballadoras) non queremos deixar de pasar o noso día, o Día Internacional da Muller Traballadora.

Este ano preparamos, xunto coa Comisión de Convivencia, unha proposta de traballo, reflexión e intervención dirixida a todos os niveis e titorías do centro, cuxo produto final agardamos partillar aquí con vós.
Estes son algúns dos materiais que seleccionamos para traballar:

Unha feliz catástrofe, versión audiovisual do conto de Adela Turín.



A miña avoa nunca traballou, vídeopoema do IES de Arzúa.



O poema Xan, de Rosalía de Castro, versionado por Quempallou:




Canto de los trabajos, de Pedro Guerra.




 Bata por fóra, muller por dentro, documental de Claudia Brenlla.


Bata por fóra (muller por dentro) from Claudia Brenlla on Vimeo.



Os murais de Joseba Muruzábal, que podedes coñecer nesta reportaxe de VERNE, de onde sacamos as imaxes.