quarta-feira, 21 de junho de 2017

A Árbore dos libros: Quen é Quen?

E para saber quen eran todas esas meniñas e meniños propuxemos un concurso: unha quiniela. Dun lado os nomes do profesorado (e non só) participante. Do outro os números dos murais. O obxectivo, unir cada ovella coa súa parella.

A caixa de votacións...
As papeletas de votación...

As longas fileiras para votar...
Voto ben reflexionado, é claro!

No Club de Lectura, a mesa de escrutinio:

Suma, suma, suma.
Unha chea de votos!

E ningunha acertante total! E unha máxima acertante de oito, señora!, oito número. Realmente, máis que unha quiniela, cheirou a bonoloto...

A gañadora!!










A árbore dos libros

E enchemos a ábore de follas. Desta vez tocounos ás velloucas e velloucos da escola. Como levamos máis lecturas ao lombo, escollemos as nosas preferidas para partillar e xuntámolas nun mural. 

Quen quixo fixo a súa, pero sen colocar o nome. As únicas pistas: os nosos libros preferidos e unha foto de cando eramos crianzas. 

O papel do alumnado: adiviñar QUEN É QUEN. 

Aproveitamos para lucir en exposición eses libros nosos tan queridos que fan parte dos fondos da Biblioteca. 

A árbore con follas loce moito máis!!

Meniña con bolso elegante...
Meniña que tira de triciclo...
Meniña de sombreiro branco...
Meniña con Reis Magos...
Meniño con gorra de paseo...
Meniña con manado de globos...
Meniño con chapeu de festa...
Meniña con cariña de boa...

Meniña con xerxei de raias...
Meniño con gorra e cara de traste...
Meniña ben comportada...
Meniña de vestido novo...
Meniño? Meniña?
Meniño sen sombreiro nin gorra...
Meniña de cabelos curtos...


E a expo de boa parte dos nosos libros preferidos: 

Algúns de todos eles!!!




terça-feira, 20 de junho de 2017

No día do libro... árbores!

Nada hai que teña máis follas que unha árbore, así que nada mellor para conmemorar o Día Internacional do Libro (con atraso, que as bibliotecarias andaran fora) que cun estupendo castañeiro. 


Menos mal que tivemos axuda...

... que lle foi dando forma á árbore...

LISTO! ehem! Listo? 

Mais non era que as árbores teñen follas??!!


CONTINUARÁ...


Cousas veredes

Ás veces pasa. Ás veces fas a garda de Biblioteca e ven alumnado a coller un libro. Ás veces ven a devolver outro. Do que gostou. Do que non. Ás veces ven alunado a consultar os equipos informáticos (case sempre). Ás veces ven alumnado só por saudar, porque sente pena pola mestra que está de garda podendo estar no patio. Ás veces, mesmo veñen profes. A devolver un libro. A coller outro.

E ás veces, mais das que vos credes, ven alumnado que colle o seu libro preferido, senta, reláxase, e dedica o seu recreo a ler. 

A ler!

Cousas veredes!!

Death Note consegue imposíbeis!!

O valo do amor

Aproveitando que o 14 de febreiro hai persoas que festexan estar namoradas ou que tolean por outras, na Bilio decidimos sacar a paseo libros, pelis e músicas que falasen do amor e outras herbas. Sobre todo, libros de poesía. 

Ademais, deixamos aberto un muro non virtual para escribir nel os nosos versos preferidos.

As nosas compañeiras do Obradoiro Permanente de Papiroflexia elaboraron unha chea de corazóns para nós.

Poesía, poesía, poesía!

Love is in the air!!


Pensando en verso


Moito inspira o 14 de febreiro!!

quarta-feira, 25 de janeiro de 2017

Dragal na Biblioteca 2: o recanto dragaliño.

Como xa vos contamos por aquí, dentro das actividades do Proxecto Dragal tiñamos que crear un recanto dragaliño no noso centro... Estivemos a facer un retrato do dragón e os seus ollos laranxa e construíndo, para que se sentise cómodo, unha Cova da Moura

Ademais, alumnado preparou cartaces e e deseños para acompañar a decoración do espazo... 

A cousa foi collendo xeito: 

Acabando de montar a Cova: rocha de granito cento por cento.
Até a fachda da igrexa de San Pedro temos!
O título do libro quedounos claro a todas ;)
Aproveitando a actividade do Club de Lectura As campaíñas, desde a Biblioteca preparamos unha selección de fondos draconianos na que, é claro, o lugar máis preeminente é para a obra de Elena Gallego. 

Será por dragóns na biblio!!

O espazo para o noso monstro é privilexiado: 

Até pendón para a caixa de emerxencias tiñamos :D
Que cómodo está o noso laghartiño!

Unha vez que quedou pronta a Cova da Moura, puidemos executar a seguinte tarefa que nos encargou o Proxecto: gravar a nosa presentación para o resto de centros participantes. 

Co guion elaborado polas integrantes do Club de Lectura As Campaíñas, pedimos á nosa directora máis internacional, Hortensia de Plástica, que xestionase a rodaxe. 

Van ler dous Dragais: ben merecen saír na tele!
Adoran subir ás estantes "por esixencias do guion"...

...que fan elas para poder subir ás estantes...


Preparando a segunda escea...
En acción!!

Proximamente, o resultado! 



A mascota da biblioteca 5: minuto e resultado.

E fixemos o reconto de votos na comisión electoral creada para o efecto e integrada por alunmado de 1ºESO. 

337 votos había na caixa... 

Cantidade suficiente para considerar os resultados hiper-lexítimos!

Repartindo os votos por lotes de partidos/mascotas.
Aquí, a Comisión Electoral que avala a legalidade dos resultados. 

Contamos dúas veces e custodiamos os votos por se hai reclamacións...

Os votos totais clasificados e ordenados.

E os resultados foron claros. A campioa destacou por enriba das inmediatas perseguidoras en dez oos, polo que podemos considerar a victoria contundente.

Con 76 votos, o Tiger!!
 E aledounos moito saber quen era a autora do deseño:  Catalina Portas Schonfeld, unha alumna que acaba de incorporarse este curso á familia da nosa escola. Unha boa maneira de darlle a benvida!

Agora a pensar que fai un tigre na Biblioteca Escolar do CPI Aurelio Marcelino... Viría às aughas??!

Nun disputado segundo posto, Ponchu!

que só adiantou por un voto á Terra!
Arquelia ficou en cuarto lugar...
Con corenta votos, e quinto posto, Miku!
Termiña levou 28 votos.
E Bibliolibro demostrou ser unha mascota de dez! 

Agora Catalina está traballando no Tiger pra proporcionarnos varias versións del que poidamos utilizar para todo... e igual escollemos algún nome dos moitos que propuxestes para "cuntificalo" un pouco máis. 

Teredes novas!