terça-feira, 5 de junho de 2018

Feira de Proxectos

E participamos na Feira de Proxectos Piteas!

Levamos os nosos traballos, preparámonos como expertas que somos no universo, en cultivo do millo, en alimentación saudábel, na prevención de incendios, no mundo da televisión, na preparación de xogos con robótica, no uso da impresora 3D e, ademais de contarnos ao mundo, coñecemos os proxectos doutras escolas. 

Os stand dos outros coles.
 O noso? Do noso, coa emoción, Booking esqueceu facer fotos!

MeteoCuntis en directo desde a Cidade da Cultura


Xesteiras TV

Dentro do programa Piteas, en secundario decidimos pór en marcha unha canle de televisión para o cole. 
Para poder conseguilo, en Xaneiro tivemos un obradoiro para profes e alunado con Illa Bufarda, expertas en audiovisual. E o cole, asesorado por elas, mercou o material básico para este tipo de proxectos (e outros): tablets, trípodes, micros, etc.)


En 1º e 2º ESO estamos a traballar na elaboración dos nosos programas: desde o espazo metereolóxico até a serie televisiva.

A preparar o documental sobre Lavandeiras e Canteiras

Dúas canteirAs a contarnos a súa experiencia como mulleres nun mundo de homes.

A gravar a presentación do Social Experiments, o noso programa de entretemento.

 Claro que, unha canle que se prece, ten que ter o seu LOGO

E aí entrou Booking, a nosa mascota, que enviou cartas a todas as clases, convidando a sdeseñar unha proposta de logo e nome para a nosa TV. 

Finalmente, o deseño gañador foi este, por sinxelo, por significativo (colle o nome do monte máis alto e o seu perfil como imaxe), e por representativo. 

O orixinal do noso novo logo

Despois de falalo co autor e coas expertas en deseño, escollemos o negro e o verde como para o logo, e fixemos, nun par de recreos, a súa versión a cor...


Está ben, eh!!



Biblioteca Expandida!

Durante as obras de ampliación e reordenación da Biblio, buscamos reducir o espazo ocupado por anaqueis para facer a sala máis accesíbel, sobre todo por persoas com problemas de mobilidade, e tamén máis polivalente, obtendo espazos amplos que poidésemos laterar segundo as necesidades: unha charla, un obradoiro, traballo en grupos, etc.

E aínda así, non nos chega o espazo!

Así optamos por expandir a Biblioteca e mandala fóra dos muros coloridos que xa ten. 

1. Levamos as Novidades para o corredor, a ocupar o dobre de espazo que antes. Como é lugar de paso, para ir à Biblio, para ir aos baños, sempre hai quen para a mirar que cousas novas van chegando (moitas, por certo). 

Fondos novos de abril...
2. Introducimos un novo servizo: O Préstamo para Familias, copiando a idea do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro:


Unha selección de libros de todo tipo...

.... na entrada do cole. 

 Vés un momento a recoller á nena para ir ao médico, ves traerlle a merenda, que lle esqueceu, ves falar coa titora mais está a atender a outra mamá? Aproveita, mira, e leva un libro...

Só tes que cubrir a a folla de autopréstamo!

3. En colaboración coa Comisión de Convivencia, estamos a preparar un novo Espazo de Xogo e lectura libre: 

Aproveitando outra das propostas artísticas de 3ºESO... 

Estamos a recuperar o recanto debaixo das escadas...

Está situado entre a porta do patio e a Biblioteca. Nel colocaremos asentos cómdos, xogos de mesa, xornais e revistas. Para o curso que ven encargarase da súa xestión o alumnado que faga parte do Grupo de Activistas da Biblio.

Cando esté listo xa presumiremos de resultado!


segunda-feira, 4 de junho de 2018

Mes dos libros: Antía Otero

Antía Otero é poeta e editora. E ten relación con Cuntis, pois viviu aquí cando era nena. Entre os libros e as letras convídamola a compartir con nós dous obradoiros:

  • En 4ºESO convidounos a coñecer e reflexionar sobre ViDEOPOESÍA e a elaborar o guion dun videopoema na clase. 


Visionamos un vídeopoema...

 Este, das Candongas do Quirombo:



A partir del falamos das características do vídeo poema, dos seus elementos imprescidíbeis, dos recursos que podiamos usar... 
Despois lemos poemas, tentamos saber que nos dicían...

Están serios, porque a poesía é moi seria...

A traballar!

E tocou pensar o poema escollido como videopoema... 
Todos os grupos deron feito o seu guion! En dúas horas de obradoiro!


  • Despois tocou 5º de Primaria. O grupo máis numeroso do cole!

Pois nada! Marabilla! Comezamos a xogar coas palabras raras, estrañas, como a do nome da editora de Antía Otero, Apiario, e co que podían significar, que parecían, canto pesaban, como camiñaban e, en dez minutos, zás, todas poetas!!

E coñecemos un pouco máis a obra de María Victoria Moreno, porque os textos dos que partimos foron os de Eu conto, ti cantas

Adiviñando o significado de Apiario
Atentas e atentos!


A ver se no fin de curso temos listos os nosos VIDEOPOEMAS!


Visitas á Biblioteca Municipal

Aproveitando o Día do Libro, o 23 de abril, e o mes das Letras, co 17 de maio extendido, en Educación Infantil aproveitamos para...

 coñecer a Biblioteca Municipal. 



Durante as mañás fomos de paseo, cada día unha clase, até a Praza das Árbores para aprender onde está a Biblioteca e coñecerla ben. 

Alí recibiunos Mario, o blibliotecario.

Soubemos onde están os libros que nos interesan

Mario contounos que podíamos encontrar e a variedade de fondos que había

Curioseamos polas estantes e escollemos libros.
E mesmo nos puxemos a ler!

A sorpresa chegou ao final....

Todas levamos o noso NOVO carné de biblioteca!!


Proxecto do Millo

En 1º de Primaria botamos todo o ano a aprender todo, todo, todo, sobre o millo. E a aprender de todo, todo, todo, desde o millo. 

Como estabamos moi orgullosas, decidimos facer un libro que recollese todo o que investigamos e descobrimos nestes meses, e como era un libro quixemos celebrar con el o 23 de abril
Así que falamos con Mario, que é o Bibliotecario de Cuntis, e preguntámoslle se poderíamos dar unha charla na súa biblio para que puideran vir as nosas familias. 

E Mario dixo que si. 

E alá fomos o 21 de abril a demostrar que somos expertas e expertos. 

En clase prepararmos unha presentación que fomos, entre todas, explicando para o público. 

Igual non o sabedes, mais hai moitos tipos de millo. 

Aprendemos desde a raíz até o froito...

Mesmo demos co mundo artístico...

E cantamos todas e todos xuntos!
As nosas profes estaban moi contentas!

E non foi para menos. As nosas familias alucinaron co moito que sabemos e co ben que falamos en público. 
Iso si, non foron as únicas que levaron unha sorpresa...

Todas levamos o noso exemplar do libro do millo!
  
E démoslle un a MArio para a Biblio de Cuntis!

Diíxonos que o ía poñer nas estanterías para que o vise toda a vila!

O vídeo resumo de toda a tarde, aquí:







Proxecto Piteas

Como non o contamos moito por aquí, igual non sabedes que levamos todo o ano aprendendo a traballar por proxectos, e con destrezas de pensamento, e investigando xuntas... 
Para este ano o tema transversal do centro era "Un mundo feliz: un planeta sustentábel". 
Para iso, cada ciclo e nivel escolleu un tema para traballar. Aquí tedes un resumo audiovisual do MOITO MOITO MOITO que fixemos:


  • en infantil, a auga
  • en primeiro de primaria, o millo, 

  • en segundo, a alimentación,
  • en terceiro e cuarto, os incendios, porque lles preocuparon moito os lumes de outubro; 
  • en quinto, o Principiño, 
  • en secundaria, a televisión. 






En maio tiñamos que ir a unha Feira de Proxectos a contar todo o que traballamos. 

O cartael reumo do traballo de Infantil.

O cartel resumo do traballo de segundo de primaria

O cartel de 3º e 4º de Primaria

O resto non levamos carteis, porque fixemos actividades alí en vivo e en directo, que xa vos contaremos