segunda-feira, 28 de maio de 2018

A Biblio dos pufs

O que máis gozamos das compras novas para a Biblio non son os libros estupendos cos que renovamos os fondos, nin o sofá, nin as mesas de traballo novas, nin o proxector...

O mellor da Biblio, como xa pedimos nos nosos planos, son os pufs!  

PUF! PUF? PUF!

Así da gusto escoitar á profe contar contos!

Así da gusto ver como as profes se animan a vir á Biblio para facer as clases...

Quen non atende así aos contos!
 
E como somos pequenas, cabemos todas nuns poucos....



La France, oh la la!

Durante o mes de febreiro, o alumnado de Lingua Francesa preparou unha exposición con traballos de investigación sobre os seus libros/personaxes, autoras preferidos, preferidas, da literatura francesa. 

Como non podía ser doutra maneira, aproveitamos a ocasión para sacar da Biblio os nosos fondos francófilos e lucilos complementando os artefactos construídos pola rapazada. 

Moito traballaron estas romanas!

Non podía faltar o Principiño
E tampouco o Titeuf.

E como non, o Jules Verne.

E parecía que non, mais na biblio apareceran libros e libros...

Para todas as idades!



Ordenamos todas!!

Aínda que o groso do traballo de reorganización espacial da Biblioteca o fixo o alumnado de secundaria, non foi o único que traballou...

Cando chegaron os carros novos, foron elas que ordenaron:

Se non é difícil!


E menos se nos axuda a profe Carmen.

Que ben nos organizamos!



Vida de recreo 1

Na escola temos recreos diferentes en primaria e secundaria. Iso fai que ás veces queiramos usar a Biblioteca para unha sesión de clase unhas, mentres están de recreo outras, ou ao revés. 

NO PROBLEM!


Por iso estamos a acomodar a Biblio con espazos e recantos diferenciados, para que poidamos partillar o espazo sen incomodarnos unhas ás outras. 


Unhas poden practicar a lectura compartida na mesa nova...

Ou na pequena de infantil, mentres os grandes, ao fondo...

... practican a arte do xadrez...


Concentración!!

Dá gusto ver que os espazos novos teñen uso!



Torneo: Nós somos o mundo

Como xa vos contamos por aí atrás, o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, doounos o xogo de mesa elaborado o ano pasado polo alumnado:

Nós somos o mundo: lingua e patrimonio de Cuntis


Como houbo algunhas espontáneas que o utilizaban nos recreos, fixemos a proposta:

- E por que non organizades un certame durante os recreos?

E nada. Unhas bases redactadas, un paseo propagandístico polas aulas, unha folla de inscrición e torneo argallado!


A expectación era grande...

Non sabemos se pola emoción do xogo ou pola estrea do sofá...


Resposta correcta!!

A dúbida chegou!

O torneo estendeuse polos recreos de secundaria durante dúas semanas. Participou, sobre todo, alumnado de 1º e 2º ESO (podían facelo por parellas).
As gañadoras, campioas de coñecementos das terras do Umia foron Noa Magariños e María Santos, as dúas de 1ºESO.








Chegou o sofá!!!

Un dos trucos de Booking para conseguir a colaboración do alumnado na reordenación da Biblio foi sinxelo:

- Ai, xa chegou o sofá, pero mentres non fagamos sitio ordenando, non o podemos poñer...

Catro recreos levou arrombar todo (máis ou menos)!

E isto como será? Míralle aí!


Aprendendo a ler textos instrutivos!


Parece que sabemos ler!


E chegou a vez do sofá!

Volta a comezar! Esquecemos un paso!

Para que virar o moble se podemos levantalo entre seis?

Que bo é o SR. PLAMBE, que nos enviou un sofá!

Pero isto non acaba de coller xeito!! Paciencia!





Expurgar, expurgarei!

...loguiño de avaliar... 

E como estabamos colocando tanto libro no seu lugar, fixemos a proposta: 

- E porque non ides apartando os libros que vos parezan vellos, antigos, pasados de moda, para ver se conseguimos liberar estanterías? 

Nunca tal debimos propor (ou quen sabe, igual debíamos telo feito moito antes). 

Da torre de libros, había que ir mirando e apartando aqueles descartabeis...

...Que foron pasando à Mesa de Expurgo para unha segunda revisión.


TODO ESTO!!!!!!

Fomos gardando en caixas os libros facendo tres grupos: vellos, para "eliminar" (ou non, xa veredes),  clásicos, para levar aos departamentos, Bibliotecas de aula, para distribuír polas aulas e demodé, que inclúe aqueles que sendo interesantes, non teñen uso nunha biblioteca escolar como a nosa. 

A selección está feita. Agora falta ir caixa por caixa actualizando o MEIGA, modificando a ubicación de uns, dando de baixa outros... Pero iso xa é outro cantar!