quinta-feira, 18 de junho de 2020

Biblioteca compartida: Así debe ser!

Desde que renovamos a Biblioteca e conta con espazos diversos e temos as tablets do centro depositadas nela, cada día é máis habitual que as profas a usemos para dar nelas as nosas sesións de clase. 

O alumnado prefire... Quen quere estar na sala de aulas habendo sofá e pufs para sentar! 

Despois chegan e sentan nos tallos de Infantil, que lle imos facer!

A configuración do espazo permite traballar en grupos ou equipos, sen incomodarse, como ás veces acontece nas salas de aulas. 


A butaca de ler é sempre para a profa, que vixía atentamente desde ela...



O mellor é que podemos coincidir grupos de distintos niveis e conseguimos partillar a Biblio sen problema: 

Que fan aquí as crianzas de Infantil, se está as da ESO????

Se é que hai sitio para todas!!
O uso compartido do espazo permite, moitas veces, encontros que doutra maneira non se darían, ou terían que ser programados: 

Como que Héctor ensine Tecnoloxía aos pequenos.



A novidade deste ano: somos activistas!

Entre o Booking e as profas non damos feito na Biblioteca. Esa é a verdade. 

Temos a sorte de contar cun espazo enorme, e durante os recreos non nos chegan mans e ollos para xestionar o servizo de empréstito, a zona de xogos de mesa, a recomendación de lecturas, as visitas ao Museo, o control do comportamento... NOOOOOON!

Por iso puxemos em marcha este ano, por fin, o GRUPO DE ACTIVISTAS

Fixemos convocatoria para Primaria e Secundaria, porque temos recreos separados. Admitimos que a xentiña da ESO non está moi animada, mais em Primaria, acudiu á xuntanza unha boa tropa. Aceptamos como activistas a nenas e nenos de 4EP a 6EP. 

Repartimos e explicamos este díptico e ofrecemos a posibilidade de anotarse. 

Aínda veu xente!

Ao final do recreo, tiñamos as listaxes cheas. Que gusto de escola!!


Todas levaron o díptico para estudar na casa.



quinta-feira, 14 de maio de 2020

Corentena de lectura

Nesta nova fase do confinamento abriron as librarías: VIVA!! 

E como temos que apoiar ao pequeno comercio, que mellor que achegarnos e mercar algún libro novo para lermos en familia ou na intimidade do cuarto. 

Por iso vos preparamos este boletín especial de recomendacións lectoras desde a Biblio. Todas as obras levan o aval do Booking, que leva estes 60 días a ler e ler e ler e ler. 

Podedes descargalo aquí: lecturas confinadas.




quinta-feira, 7 de maio de 2020

A viaxe do Coronavirus

Enma Villaverde Castelo, alumna de 1ºESO B, ideou, creou e representou esta obra de Teatro de Sombras na que Cuntis e o Coronavirus son protagonistas.

 Como na Biblio pensamos que é unha marabilla, queremos compartilo con vós e animarvos a que fagades as vosas obras nas vosas casas... 

 Veña, que as publicamos aquí!!!

Abaixo o pano:

 

quarta-feira, 22 de abril de 2020

23 de abril: os nosos libros preferidos

Boa tarde, nenos e nenas, mozas e mozos,

Sabía que podía contar con vós! 

Xa están a chegar as vosas primeiras recomendacións e poderei pasar a tarde a ler e a acordarme das persoas que estades detrás de cada libro. 

Que ben!!

ACTUALIZAMOS con todas as vosas fotos: 






23 de Abril: Día do Libro

Ai, nenas e nenos, mozas e mozas, que triste está a biblioteca sen vós!!

Teño que admitir que ás veces me incomodaba un pouco andar de colo en colo ou que os vosos risos me espertasen da sesta. Pero agora, ai, teño tanta fame de apertas e de barullo...


Aquí estou, no meu recanto, sen moita vontade facer nada. 

Por iso vos quería pedir un favor. Aquí teño tantos libros para min só, que nin sequera sei cal apañar para ler. Antes atendía aos que colliades vós no recreo e, cando voltabades para a clase, zás, ía eu mirar que andabades a ler... 

Como agora non podo escoller lecturas así, gustaríame que mas envíasedes vós desde a casa. Pensei que poderíades facervos unha foto no voso recanto da casa preferido para ler, e acompañadas do voso libro favorito, aquel que queirades que eu lea. 

Así podo levar con máis ánimo estes días sen vós. Lendo os libros que a vós vos fan felices!

Como exemplo, ensínovos o meu. Gústame moito porque con el aprendo a localizar amizades no monte e seguirlles o rasto e dar con elas sen ter que usar o guasá (Vaaaale, e algunha presa para xantar tamén encontro). 

Como vedes, entretéñome na corentena aprendendo a escribir! 

Podedes enviar as vosas fotos ao meu correo electrónico : abibliodarosi@gmail.com. As fotos que me cheguen compartirémolas aquí, que vos parece?



quinta-feira, 19 de dezembro de 2019

Para ler ao quentiño!

Como todos os anos, acabamos o primeiro trimestre e chegan a vós as nosas recomendacións lectoras. 

Podedes pedir algunha delas de agasallo nestas festas ou, ao revés, agasallar con elas á vosa xente querida. 

Gozádeas!