Ai, nenas e nenos, mozas e mozas, que triste está a biblioteca sen vós!!
Teño que admitir que ás veces me incomodaba un pouco andar de colo en colo ou que os vosos risos me espertasen da sesta. Pero agora, ai, teño tanta fame de apertas e de barullo...
Aquí estou, no meu recanto, sen moita vontade facer nada.
Por iso vos quería pedir un favor. Aquí teño tantos libros para min só, que nin sequera sei cal apañar para ler. Antes atendía aos que colliades vós no recreo e, cando voltabades para a clase, zás, ía eu mirar que andabades a ler...
Como agora non podo escoller lecturas así, gustaríame que mas envíasedes vós desde a casa. Pensei que poderíades facervos unha foto no voso recanto da casa preferido para ler, e acompañadas do voso libro favorito, aquel que queirades que eu lea.
Así podo levar con máis ánimo estes días sen vós. Lendo os libros que a vós vos fan felices!
Como exemplo, ensínovos o meu. Gústame moito porque con el aprendo a localizar amizades no monte e seguirlles o rasto e dar con elas sen ter que usar o guasá (Vaaaale, e algunha presa para xantar tamén encontro).
Como vedes, entretéñome na corentena aprendendo a escribir!
Podedes enviar as vosas fotos ao meu correo electrónico : abibliodarosi@gmail.com. As fotos que me cheguen compartirémolas aquí, que vos parece?
Sem comentários:
Enviar um comentário