Acabamos o curso presumindo de traballo. Nada mellor que iso!
Durante a última semana de clases, entre o 17 e o 20 de xuño, todas as familias que o quixeron poideron visitar tanto o Museo Xesús Ferro Couselo como a exposición de traballos realizados a través do Proxecto O museo sae do armario.
Avisamos, para que esta entrada non sexa longa, dividímola en tres, porque traballamos moitísimo!
Educación Infantil
En 4º EI adoptaron a balanza, e investigaron moito para facer a súa:
|
A adoptada e a feita en clase. |
|
Todo o que traballaron, en fotos... |
|
Mesmo escribiron! |
En 5º B EI adoptaron o muíño de café:
|
Fixeron o seu libro, moeron unha chea... |
|
E até deseñaron xoias con cápsulas de café! |
En 6º EI escolleron os trebellos do liño pensando que o pente era para os cabalos...
|
E mesmo organizaron o stand para que o víramos bonito... |
|
Que preciosidade de murais pintaron! |
|
O restrello que non era para cabalos.... |
Sem comentários:
Enviar um comentário