No resto das etapas non quedamos atrás. Retadas polas máis pequenas, demos forma aos nosos stands:
Educación Primaria
En 1º EP adoptaron o ferro de pasar e, como viña ben a conto, construíron unha casiña, con tendedeira e todo!
|
Parece a casiña dos contos! |
|
Os ferros de toda a clase... |
|
O traballo de pesquisa. |
|
A tendedeira de versos |
En 2º EP adoptaron a máquina de escribir e o pizarrillo.
|
Practicaron todas as maneiras de escribir! |
|
E cada crianza deu feito o seu proprio libro de alfabetos do mundo. |
En 3ºEP adoptaron o Telurio e a Esfera Armilar. Aproveitaron para investigar sobre o universo e tiveron a grande idea de montar... até un planetario!!
|
Ao planetario chegamos en foguetes e naves espaciais. |
|
E dentro... planetas fluorescentes! |
En 4º EP adoptaron o teléfono e o telégrafo, para investigar os sistemas de comunicación a distancia.
|
Sempre estarán con nós os vasos de iogur! |
|
Murais e esquemas |
|
E como non, o señor Morse! |
En 5º EP adoptaron o proxector de cine e prepararon para nós unha chea de artiluxios de nomes estraños.
|
A organizar o stand |
|
Parte dos traballos realizados |
En 6ºA EP adoptaron a maleta e decidiron investigar sobre a emigración en Cuntis durante a dictadura.
|
Preguntaron a todas as familias do cole!! |
|
Grande traballo estatísitco |
Continúa...
Sem comentários:
Enviar um comentário