quarta-feira, 11 de janeiro de 2017

A Mascota da Bilblio 3: as finalistas

Xa falta menos para saber quen nos guiará pola Biblioteca do centro!!

Na entrada da escola temos expostas todas as propostas recibidas nas nosas Oficinas de Rexistro de Mascotas. Desde a Biblio queremos parabenizar a todo o alumnado participante porque apareceron unha chea de personaxes que non coñeciamos e que segura andan agachadas por entre as estantes e os libros. 

Que difícil está o asunto!

Estilos e gustos variados!
A expo causou expectación xa no primeiro día: que se era máis bonita a da nosa clase, que se a miña é das escollidas, que se eu prefiro a Viela ou o Cuncas...

-Ohhhhhh, non gañamos nós... - Que aínda non hai gañadora!
- Pois a min a que me gusta é a do Lulú!!

Pero mascota só pode haber unha... 

Así que houbo que facer unha selección de finalistas que participarán na votación xeral a realizar a semana que vén. 

Pasaron as primarias!

Para isto contamos con dous xurados: 

  • As participantes no Club de Lectura As Campaíñas escolleron, mediante votación, as finalistas correspondentes aos niveis de Educación Infantil e Primaria. 
  • O grupo de Valores Éticos de 2ºB de Educación Primaria seleccionou as finalistas correspondentes á ESO. 


Agora toca a elección final!!

Nela poderá participar todo o alumnado do centro (avisaremos polas aulas) emitindo un só voto. Así que analizade ben as propostas e escollede a vosa campioa: 

FINALISTA 1: Ponchu.
FINALISTA 2: Bibliolibro
FINALISTA 3: Miku.
FINALISTA 4: Tiger

FINALISTA 5: Termiña
FINALISTA 6: A Terra Estudosa.
FINALISTA 7: Arquelia.
VEÑA, A REFLEXIONAR O VOTO, QUE VAN SER AS ELECCIÓNS!!


quarta-feira, 21 de dezembro de 2016

Letras de inverno

Hoxe, cos boletíns de notas das vosas crianzas, recibiredes nas vosas casas, as nosas recomendacións lectoras para este inverno, libros que vos podedes regalar e ler ao calor da lareira ou na quentura da cama, e mesmo músicas que podedes bailar no medio da sala ou da cociña para librar o corpo do frío e as xeadas. 

Se queredes reciclar o folleto e difundilo entre familia e amizades, no lateral tedes a ligazón para descargalo. 

Agardamos que lle saquedes proveito á proposta. 



quinta-feira, 24 de novembro de 2016

A mascota da Biblio 2: unha maleta perdida

Na Biblioteca apareceu unha maleta. Parece abandonada. Ou perdida. 

 Parece que é da nosa mascota, que a deixou esquecida coas présas por ir... aonde?

Tem algúns obxectos dentro. Que nos din da súa dona? Que lle gustará? A que se adicará?



Non sabemos! 

Saberedes vós?

 

quarta-feira, 23 de novembro de 2016

A Mascota da Biblio 1: cartas.

Coñecedes a mascota da nosa Bilioteca? 


Nós tampouco... 

Boa falta nos fai ter unha. Necesitamos que lle dea nome a este blog (Rosalía de Castro di que prefire non estar aí na cabeceira) e que nos axude nas tarefas bibliotecarias. 

Por iso chegaron cartas esta semana. Cartas ás nenas e nenos de Infantil e Primaria. Deixounas a carteira a semana pasada en cada clase.

O servizo de correos foi rápido e eficiente!

A petición de cada carta: Poderíades axudar a facer unha mascota para a Biblio? Poderíades dicirnos quen é e como é?

E esta semana algo apareceu na Biblio....


Novembro:mes da ciencia II

Para acompañar o mes da ciencia e todas a restra de actividades que preparou a equipa científica da escola, na Biblioteca Escolar recorremos as estantes e buscamos libros, películas e documentais que puidesen interesarvos, e ben á vista os puxemos para que os coñezades e poidades levar á casa, se vos presta (porque emprestar, empréstase): 

Desde a tecnoloxía até o universo...
pasando polo espazo en que vivimos até chegar ás grandes mentes da historia...

Os ocos que hai nas mesas son de libros que xa voaron a algunha cociña ou algunha sala de estar...


segunda-feira, 14 de novembro de 2016

Os dereitos da Infancia

Traballazo que fixo a profa Andrea para o cole!!

Esta semana visitará todo o alumnado de primaria a Biblio para coñecer a Escola respectuosa cos Dereitos da Infancia e que non é outra que a nosa.

Como Andrea quedou admirada da arquitectura encarnada do noso centro, decidiu construirlle un retrato:

A fachada imponente.
A fachada en pequeno.
E en cada xanela encarnada do cole, asoma un dos nosos dereitos,como nenas e nenos que somos ou fomos: 

Xanelas que se abrimos...
...mostran a utopía que nos anima.
Na biblio completamos o traballo cunha pequena selección de libros que tratan algún ou todos os Dereitos da Nena e do Neno. 

Escola e libros.
 Claro, o alumnado de quinto non aguantou as ganas e xa veu hoxe de visita!

Adiviñando o dereito atrás da contra.
E lemos algúns dos contos entre todas:

Todas menos algún... 😊 



Novembro: mes da ciencia.

E entramos en novembro, mes da ciencia tamén na Biblio da Rosi. 

Todos os luns, nos recreos de Primaria e Secundaria, alumnado de 6º e de 2ºESO, coordinado polas profas Sandra e María Xosé, ocupan a biblio co seu obradoiro de Papiroflexia. 

Aprendendo a encartar papel..
Atende, que che explico!
En secundaria tamén se animan, para quen diga que non!
Pola metade, pregade pola metade!
Axudantes!
Xa sabedes, os luns, durante este mes, e mesmo despois se vos animades, 

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA 

NA BIBLIO DURANTE OS RECREOS