Na Biblioteca apareceu unha maleta. Parece abandonada. Ou perdida.
Parece que é da nosa mascota, que a deixou esquecida coas présas por ir... aonde?
Tem algúns obxectos dentro. Que nos din da súa dona? Que lle gustará? A que se adicará?
Non sabemos!
Saberedes vós?
quinta-feira, 24 de novembro de 2016
quarta-feira, 23 de novembro de 2016
A Mascota da Biblio 1: cartas.
Coñecedes a mascota da nosa Bilioteca?
Nós tampouco...
Boa falta nos fai ter unha. Necesitamos que lle dea nome a este blog (Rosalía de Castro di que prefire non estar aí na cabeceira) e que nos axude nas tarefas bibliotecarias.
Por iso chegaron cartas esta semana. Cartas ás nenas e nenos de Infantil e Primaria. Deixounas a carteira a semana pasada en cada clase.
![]() |
O servizo de correos foi rápido e eficiente! |
A petición de cada carta: Poderíades axudar a facer unha mascota para a Biblio? Poderíades dicirnos quen é e como é?
E esta semana algo apareceu na Biblio....
Novembro:mes da ciencia II
Para acompañar o mes da ciencia e todas a restra de actividades que preparou a equipa científica da escola, na Biblioteca Escolar recorremos as estantes e buscamos libros, películas e documentais que puidesen interesarvos, e ben á vista os puxemos para que os coñezades e poidades levar á casa, se vos presta (porque emprestar, empréstase):
![]() |
Desde a tecnoloxía até o universo... |
![]() |
pasando polo espazo en que vivimos até chegar ás grandes mentes da historia... |
Os ocos que hai nas mesas son de libros que xa voaron a algunha cociña ou algunha sala de estar...
segunda-feira, 14 de novembro de 2016
Os dereitos da Infancia
Traballazo que fixo a profa Andrea para o cole!!
Esta semana visitará todo o alumnado de primaria a Biblio para coñecer a Escola respectuosa cos Dereitos da Infancia e que non é outra que a nosa.
Como Andrea quedou admirada da arquitectura encarnada do noso centro, decidiu construirlle un retrato:
![]() |
A fachada imponente. |
![]() |
A fachada en pequeno. |
E en cada xanela encarnada do cole, asoma un dos nosos dereitos,como nenas e nenos que somos ou fomos:
![]() |
Xanelas que se abrimos... |
![]() |
...mostran a utopía que nos anima. |
Na biblio completamos o traballo cunha pequena selección de libros que tratan algún ou todos os Dereitos da Nena e do Neno.
![]() |
Escola e libros. |
Claro, o alumnado de quinto non aguantou as ganas e xa veu hoxe de visita!
![]() |
Adiviñando o dereito atrás da contra. |
![]() | |
Todas menos algún... 😊 |
Novembro: mes da ciencia.
E entramos en novembro, mes da ciencia tamén na Biblio da Rosi.
Todos os luns, nos recreos de Primaria e Secundaria, alumnado de 6º e de 2ºESO, coordinado polas profas Sandra e María Xosé, ocupan a biblio co seu obradoiro de Papiroflexia.
![]() |
Aprendendo a encartar papel.. |
![]() |
Atende, que che explico! |
![]() |
En secundaria tamén se animan, para quen diga que non! |
![]() |
Pola metade, pregade pola metade! |
![]() |
Axudantes! |
Xa sabedes, os luns, durante este mes, e mesmo despois se vos animades,
OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA
NA BIBLIO DURANTE OS RECREOS
Subscrever:
Mensagens (Atom)