quarta-feira, 8 de junho de 2022

23A: Balckout Poetry

 Aproveitando material do expurgo do centro, e para estrear a nova cortiza que colocamos na biblio, realizamos unha exposición de Blackout Poetry. 

Esta técnica consiste en transformar textos xa impresos, noutros novos con novo significado, eliminado, inicialmente con rotulador negro, en modo mega-artístico a toda cor, as palabras do texto xa existente que non nos interesen. 

Fixemos cousas ben xeitosas!

 

Modo tradicional

Modo tradicional avanzado

Tradition in progress

Modo artista...


Proxecto Transversal: 8M mulleres viaxeiras.

 Para o 8M preparamos unha chea de cousas. 

Se no 25N nos centramos nas dificultades das mulleres para viaxar polo mundo, neste Día Internacional da Muller Traballadora optamos por visibilizar e valorar áquelas que, a pesar de todo, viaxaron. Chamámoslle nosoutras tamén navegar, en homenaxe aos versos de Xohana Torres. 

Para iso organizamos varios xogos que precisaban dos fondos documentais da biblio para seren resoltos: 

O panel de xogos


Todos os libros que tiñamos sobre mulleres e viaxes...

  • O mapa do tesouro, onde había que relacionar cada muller co mapa da rota de viaxe(s) realizadas. 
Estarán ben colocadas?

  • Aquelas chaladas nos seus cacharros, no que había que unir viaxeira co medio de transporte utilizado. 
Até en camelo viaxaron...

  • Flor de mulleres, onde había que colocar cada muller no pétalo da flor que lle correspondese segundo o tipo de viaxe emprendida. 

As mulleres...

... as flores

Por outra parte, tamén nos queríamos acordar das mulleres anónimas, aquelas que fixeron viaxes enormes pero que non son coñecidas por ninguén. 

Para iso propuxemos recuperar as historias de vida das nosas familiares e amigas, escribindo unha postal que resumise a súa viaxe e colocándoa no lugar do mapa correspondente: 

Se temos viaxeiras nas nosas cociñas!!

Que marcharon lonxe...

... ou chegaron de lonxe...

E, como homenaxe á muller que primeiro deu a volta ao mundo, Jeanne Baret, todos os grupos do centro plantamos no patio a nosa Buganvílea, e non quixemos deixar sen ela ao Centro de Día.

Por que escollemos a buganvílea

Traballando duro!

Vixiando que non seque...

Levando a súa ás usuarias do centro de día...



Proxecto Transversal: 30X, Un mar de desexos

 Neste ano, para o 30 de Xaneiro, Día Internacional da Paz e a Non Violencia, lembrando as illas de plástico que contaminan os nosos océanos, decidimos darlle a volta e argallar un mar de desexos. 

Fixémolo en días versións: mural e instalación. 

Nas aulas deseñamos as nosas botellas de papel con mensaxes de paz e non violencia para colocar no corredor principal do centro: 

O mar de desexos antes de arribar as botellas

Polo mar sempre viaxan libros...

...moitos libros

E nas aulas tamén, decoramos as nosas botellas pola paz para pendurar nas árbores dos parques de Cuntis. 

LER NO CAMIÑO

Porque calquera lugar é un bo sitio para ler. Na Semana das Letras Galegas tentamos levar un anaquiño da nosa literatura (facendo especial fincapé en obras de Florencio Delgado Gurriarán.) a diversos espazos do noso Concello: Praza da Constitución, Praza das Árbores, Palco da Música, Centro de día, Castrolandín e Monumento.


  

    Monumento


    Palco da música


    Castrolandín

E tiñamos unha visita pendente que deixamos para os grupos de pernas máis fortes: O Centro de Día: alí achegaronse 1ºESOA e 3ºESOA tamén para compartir poemas coas persoas usuarias do centro. Foi emocionante ver como elas tamén se animaron a ler, e en galego, sabendo que é unha lingua que non puideron aprender cando eran crianzas.

Partillando poemas de Florencio Delgado Gurriarán 

Lendo para nós...


Túnel do terror

Outro ano máis, chegando o SAMAÍN, o alumnado chegou roñando: e non podemos facer o túnel do terror? E temos que vivir en modo COVID toda a vida? e non podemos montalo aínda que só se permitan visitas-burbulla? 
E como todos os anos, a escusa das bibliotecarias é a mesma: ai, nós non temos tempo, unicamente que o fagades vós... 

E así foi: 

Escollemos os recanto...



Colocamos plásticos e teas...

Caracterizámonos para dar medo...


Decoramos amedadamente...

Aínda que nada substitúe un bo conto de medo contado às escuras!



BINGO DOS LIBROS PERDIDOS

Na nosa viaxe ao redor do mundo extraviamos algún dos nosos libros favoritos. Percorrendo os corredoiros do cole fomos quen de atopalos todos. Obxectivo conseguido!!!


 


Mochilas Viaxeiras

 Este ano, seguindo o que nos indica o novo Proxecto Lector do centro, ademais de recuperar a actividade das Mochilas Viaxeiras, que a COVID-19 deixara en stand-by, ampliamos a oferta aos grupos da ESO que, por inercias descoñecidas, nunca participaban. 

Ademais diso, revisamos as Bibliotecas de Aula para retirar libros pouco atractivos ou desfasados e incorporar novos fondos. 

En todo este traballo contamos coa colaboración das nosas activistas informais, usuarias habituais da biblioteca, coñecedoras dos seus fondo, que non tiveron problema e revisar e propor títulos para levar tanto ás aulas como incorporar ás mochilas viaxeiras. 

Aquí, escollendo libros para biblios e mochilas