quarta-feira, 8 de junho de 2022

Hora de Ler

 Na hora de ler tivemos momentos para disfrutar das nosas lecturas favoritas, de escoitar contos e poemas, de ler para as nosas compañeiras e compañeiros, coñecer libros novos,....


Todo ten cabida no noso TREN: xornais, revistas, contos, novelas, manga, comics, guías...









Proxecto Transversal: O pasaporte lector

 Para viaxar polo mundo é imprescindíbel ter documentación. Así que na Biblioteca do centro, Booking pensou que sería boa idea ofrecer ese visado a todo o alumnado para poder viaxar durante este ano, cando menos no mundo dos libros. 

E preparamos O pasaporte lector con versións para Primeirxs lectores, Lectores letradxs e Grandes Lectores

Por cada pasaporte completado, unha pequena recompensa...

Os primeiros pasaportes que recibimos

Non era moi esixente a documentación requerida...

Booking encargouse se visar e carimbar lecturas

E si, xuntamos máis de 80 libros durante o curso....


Proxecto Transversal: unha volta ao mundo sostíbel 2

 Este ano o corredor principal do centro apareceu decorado cun grande e extraño mapa. Presidiu o espazo durante o todo o curso, mais, que era?

E eses anxos, que pintan aí??

Booking, a nosa mascota, encargouse de escribir e consultar a nenos e nenas: sabedes que é iso? sodes quen de averiguar... 

E demos, con axuda de profas, webs e libros: 

É o mapa de Batista Agnesse!!

E representa a volta ao mundo que iniciou Magalhaes e acabou Elcano...

E chegou o segundo repto: e daremos feito esa volta a base de caminñar todas xuntas? Probemos!! Creamos un web no que convidamos a inscribirse a todas as familias. E así, mentres aprendiamos sobre o mundo, afacemos o corpo a levar unha vida sá. 

Mesmo deseñamos, na clase de Plástica, o noso logo para o proxecto.

E ao longo do ano, conseguimos andar!



 

Proxecto Transversal: Unha volta ao mundo sostíbel 1

 Este ano traballaremos, inspiradas nos 500 anos da Volta ao Mundo de Magalhaes-Elcano, as viaxes por un mundo sustentábel. 

Para que ninguén tivese problema de acceso a fondos de todo tipo relacionados coas viaxes, expedicións, coidado do medio ou mesmo Magalhaes e Elcano, dispuxemos unha exposición permanente no corredor principal do centro con todo tipo de libros e pelis. 

Será por falta de fondos!

Libros sobre expedicións, pobos do mundo....

... aventuras, piratas...

...migracións, mundo imaxinarios...

clásicos viaxeiros, atlas...

terça-feira, 7 de junho de 2022

A nosa árbore

 O noso tema transversal para este ano é A expedición de Magalhaes e Elcano, unha volta ao mundo sustentábel. 

Entre as actividade a realizar está a Volta ao mundo virtual: #un mundo paso a paso, que promove o centro, na que todos e todas facemos exercicio co obxectivo de xuntar quilómetros e superar os feitos pola expedición de hai 500 anos. 

Co diñeiro das inscricións recadado nesta volta, mercaremos árbores para repoboar montes incendiados de Cuntis. Por iso, desde o centro propúxose decorar corredores e aulas con árbores realizadas nas titorías. 

Na Biblioteca Escolar non queriamos ser menos e, coa axuda das activistas extraoficiais, aproveitando libros do expurgo ou simplemente libros verdes, construímos a árbore que presidirá durante todo o curso a Biblioteca. 


Cubrindo de verde as follas da árbore

Montando a árbore...

Que fermosa quedou!!


Recanto STEM

 Este ano temos unha novidade na Biblioteca Escolar: O recanto STEM. 

Durante o verán arranxamos e pintamos a antiga aula de Tecnoloxía, que está xusto enfrente da biblio. E durante o primeiro trimestre, montamos mobles, trasladamos tablets, xuntamos robots e deixamos o espazo listo para xogar con toda clase de cacharrada. 


Agora só toca darlle uso!

Así estaba o espazo en setembro...

Así está agora, Canto espazo para xogar!!


Xa podemos xogar e experimentar!


Valen robotiños e construcións

... todo é poñerse!


25N: Unha volta ao mundo de muller en muller



 Como este ano estamos a dar a Volta ao Mundo con Magallhaes e Elcano, decidimos investigar, para este 25N, sobre os atrancos e impedimentos que as mulleres sufriron á hora de participar nas viaxes trasatlánticas. 

Entre todas as titorías do centro creamos un xogo de mesa parede, inspirado na OCA, non que o obxectivo é darmos a volta ao mundo sendo mulleres. 

É dificílisimo acabar!

Son tantos os obstáculos que as mulleres tiveron na historia para viaxar, que case sempre acabamos eliminadas. 

Menos mal que algunhas pioneiras (que protagonizan as fichas de xogo) serven de exemplo para demostrar que é posíbel. 


O noso taboeiro de xogo


As pioneiras na casiña de saída

A sorte...



...A desgraza

Aprendendo a xogar