quinta-feira, 9 de junho de 2022

PDI: A volta ao mundo: un planeta sostible.

EDUCACIÓN INFANTIL 5ºA

Este ano apareceu nas clases de 5º de infantil un cofre que contiña unha carta escrita por Magallanes que nos invita a dar a volta ao mundo. Nel atopamos tamén unha serie de obxectos estranos (mapas, telescopio, compás, libro de nudos, unha corda, moedas,...) que nos animan a investigar que son e para que serven.


    A partir de aquí empezamos a ruta (nº e nome das naos, tripulantes a bordo, ...) facendo paradas: Cádiz, Sevilla, Canarias, sur de América, Illas Molucas, sur de Africa, Illas de Cabo Verde e volta á Sevilla.Investigamos cousas sobre cada parada (cancións, vestimenta, fauna, flora, ...)
Na nosa viaxe tivemos que escribir mensaxes segredas, escribindo con zume de limón. 

Descubrimos especias

Contactamos con Punta Arenas no Estreito de Magallanes e dende alí ensináronnos as réplicas das naos da 1° volta ao mundo.

.... E moitas actividades máis.






quarta-feira, 8 de junho de 2022

O Corvo

 No inicio de curso achegáronse un grupo de alumnas pola biblioteca: queremos facer un xornal, 

- Pois non é nada complicado. Tedes varias opcións: facelo dixital, impreso ou mural. Desde a biblio non hai problema en proporcionarvos material...

-Mural? 

- Pois! Quedades co taboeiro da entrada, marcadas seccións do voso interese e ides renovando a info cando consideredes, sen necesidade de ter o número completo pechado, como acontecería na versión impresa. 

- Queremos iso!!

E naceu O corvo***, xornal mural do CPI Aurelio Marcelino.

O mural do xornal

Un dos artigos


*** - E ese nome?

      - Acordáronnos Hugin e Mugin, os mensaxeiros de Odín. 

      - Porfavoriño, como non o pensei antes!


O legado de Jules Verne

 Como parte da súa participación no Proxecto Transversal de centro, os grupos de 1º ESO leron, na materia de Ámbito Lingüístico, a obra de Ledicia Costas Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Como premio a esforzo tan grande, falamos coa autora para, en vez de vir ela de visita ao noso centro, irmos nós a Vigo e que ela nos ensinase a cidade de Jules Verne. 

Como combinamos coa autora de tarde, aproveitamos a mañá para participar nun EscapeRoom, O legado de Xulio Verne, no que o alumnado tiña que impedir, a base de enxeño, que un meteorito se estrelase contra o planeta. 

A maleta con todas as pistas ( e todos os candeados)

Averiguando códigos secretos...

Había que consultar libros para gañar...

Mentres o alumando xogaba, as profas investigabamos a organización do xogo, e prometemos tentar argallar un para o fin de curso...

O encontro con Ledicia foi emocionante para as súas lectoras máis entusiastas, que temos varias. 

Sinatura de libros para as máis fans

Con Ledicia gozando do mar de Vigo

Levámoslle un presente: un álbum de poemas feitos por nós...



23A: Balckout Poetry

 Aproveitando material do expurgo do centro, e para estrear a nova cortiza que colocamos na biblio, realizamos unha exposición de Blackout Poetry. 

Esta técnica consiste en transformar textos xa impresos, noutros novos con novo significado, eliminado, inicialmente con rotulador negro, en modo mega-artístico a toda cor, as palabras do texto xa existente que non nos interesen. 

Fixemos cousas ben xeitosas!

 

Modo tradicional

Modo tradicional avanzado

Tradition in progress

Modo artista...


Proxecto Transversal: 8M mulleres viaxeiras.

 Para o 8M preparamos unha chea de cousas. 

Se no 25N nos centramos nas dificultades das mulleres para viaxar polo mundo, neste Día Internacional da Muller Traballadora optamos por visibilizar e valorar áquelas que, a pesar de todo, viaxaron. Chamámoslle nosoutras tamén navegar, en homenaxe aos versos de Xohana Torres. 

Para iso organizamos varios xogos que precisaban dos fondos documentais da biblio para seren resoltos: 

O panel de xogos


Todos os libros que tiñamos sobre mulleres e viaxes...

  • O mapa do tesouro, onde había que relacionar cada muller co mapa da rota de viaxe(s) realizadas. 
Estarán ben colocadas?

  • Aquelas chaladas nos seus cacharros, no que había que unir viaxeira co medio de transporte utilizado. 
Até en camelo viaxaron...

  • Flor de mulleres, onde había que colocar cada muller no pétalo da flor que lle correspondese segundo o tipo de viaxe emprendida. 

As mulleres...

... as flores

Por outra parte, tamén nos queríamos acordar das mulleres anónimas, aquelas que fixeron viaxes enormes pero que non son coñecidas por ninguén. 

Para iso propuxemos recuperar as historias de vida das nosas familiares e amigas, escribindo unha postal que resumise a súa viaxe e colocándoa no lugar do mapa correspondente: 

Se temos viaxeiras nas nosas cociñas!!

Que marcharon lonxe...

... ou chegaron de lonxe...

E, como homenaxe á muller que primeiro deu a volta ao mundo, Jeanne Baret, todos os grupos do centro plantamos no patio a nosa Buganvílea, e non quixemos deixar sen ela ao Centro de Día.

Por que escollemos a buganvílea

Traballando duro!

Vixiando que non seque...

Levando a súa ás usuarias do centro de día...



Proxecto Transversal: 30X, Un mar de desexos

 Neste ano, para o 30 de Xaneiro, Día Internacional da Paz e a Non Violencia, lembrando as illas de plástico que contaminan os nosos océanos, decidimos darlle a volta e argallar un mar de desexos

Fixémolo en días versións: mural e instalación. 

Nas aulas deseñamos as nosas botellas de papel con mensaxes de paz e non violencia para colocar no corredor principal do centro: 

O mar de desexos antes de arribar as botellas

Polo mar sempre viaxan libros...

...moitos libros

E nas aulas tamén, decoramos as nosas botellas pola paz para pendurar nas árbores dos parques de Cuntis. 

LER NO CAMIÑO

Porque calquera lugar é un bo sitio para ler. Na Semana das Letras Galegas tentamos levar un anaquiño da nosa literatura (facendo especial fincapé en obras de Florencio Delgado Gurriarán.) a diversos espazos do noso Concello: Praza da Constitución, Praza das Árbores, Palco da Música, Centro de día, Castrolandín e Monumento.


  

    Monumento


    Palco da música


    Castrolandín

E tiñamos unha visita pendente que deixamos para os grupos de pernas máis fortes: O Centro de Día: alí achegaronse 1ºESOA e 3ºESOA tamén para compartir poemas coas persoas usuarias do centro. Foi emocionante ver como elas tamén se animaron a ler, e en galego, sabendo que é unha lingua que non puideron aprender cando eran crianzas.

Partillando poemas de Florencio Delgado Gurriarán 

Lendo para nós...