quarta-feira, 21 de junho de 2017

As Letras e as Mulleres

Vendo que o Día das Letras Galegas é un día sen mulleres (3 en 54 anos! Que vergonza!!), desde o Servizo de Igualdade do Concello de Cuntis convidaran a unha grande poeta galega, Yolanda Castaño, para que visitase o noso centro e tivese un encontro co noso alumnado. 

Teríamos así unhas Letras máis inclusivas e menos sexistas. 

Yolanda trouxe con ela, o 18 de maio, toda unha nómina de poetAs que ben merecen letras e días e que case sempre descoñecemos, ademais de axudar ao alumnado de 3º e 4º ESO que non andaba de viaxe a facer os seus primeiros poemas. 

Listaxe colectiva de escritores... Só unha muller: Rosalía, cal vai ser? 
Mulleres irmandadas... descoñecidas!
Autoras de hoxe e os seus versos

O alumnado repartiuse en grupos para traballar cada un partindo dun deses versos de poetas galegas... Veña a poetar!!

Os grupos de cheo no traballo de que os pille a inspiración.
Chega? Non chega??
Asesoramento privilexiado!



Sem comentários:

Enviar um comentário