Tiñamos que aprender como está organizada a Biblioteca, mais non demos feito en medio curso. Ao final, puxémonos co conto.
Ao tempo que organizamos as Ciencias Naturais e as Ciencias Aplicadas, no mini-grupo de Lengua de 2ºESO aprendemos en que consistía iso da CDU para explicarllo ao resto do centro.
Ademais de aprendelo nós, revisamos toda a Biblioteca para comprobar como está distribuida. Para iso sinalizamos provisoriamente cada estante coa cor que lle correspondía. A idea é ter unha visión inicial para decidir modificacións de cara ao curso que ven.
Preparando o mural básico |
Clasificación Decimal Universal |
O noso primeiro mural, chispas! |
Ao tempo, fomos sinalizando estantes...
611. O Corpo Humano |
E preparamos uns xogos por equipos para comprobar que a rapazada comprendía isto da CDU:
Un asociar cada libro á sua cor e número...
Escollendo os libros para cada tema. |
Outro para emparellar ETIQUETA e LIBRO e así entender esa pegatina do lombo....
Moha preparando as listaxes de etiquetas... |
O caso: non houbo tempo. Enredamos un pouco, fomos algo lentas e, ao final, non puidemos facer as sesións para as compañeiras da escola. Pero quedou todo listo para facelas o curso que ven...
En setembro, CDU!
Sem comentários:
Enviar um comentário