Pensamos que a mellor maneira de aprender é facendo, así que a mellor maneira de aprendermos a ter a biblioteca ordenadiña e ben arrumada é arrumando e ordenando.
Primeiro estivemos a revisar a sección máis grande, a de narrativa, mais esquecemos facer fotos para ensinarvos aquí.
E despois entrámoslle ás ciencias naturais:
A idea era simple. Nas mesas (si, desculpas, ocupamos as mesas durante días) colocamos cartelas cos apartados da CDU que iamos utilizando. Retiramos os libros das estantes e fomos adxudicando a cada monte. Aproveitamos para EXPURGAR, é dicir, desbotar volumes obsoletos, destragados ou vellos.
Cando? Case sempre nos recreos...
Escollemos ciencias porque, quen non gosta dos animais? |
Libros en montes |
Moooooooontes!! |
Decidindo que tema trata o libro... |
Con algúns era fácil (aves! Peixes e réptis!). Con outros... |
Menos mal que veu ao noso rescate o grupo de Ciencias Aplicadas de 4ºESO, porque tiñamos un bo lío motando co 55. e o 54 da CDU. Ah! non sabedes que é a CDU? Aquí a está, explicadiña...
A profe de Bioloxía, María Xosé, revisando libros con nós. Ao fondo, mais revisores/as. |
Demos ordenando as Ciencias Naturais! E vimos onde faltaban libros de interese para as próximas compras. E levamos o corpo humano para o seu sitio, e mesmo chegamos a reorganizar tamén o apartado 6, das Ciencias Aplicadas.
E aprendemos algo do funcionamento das Bibliotecas. Moitas nin sabían que había unha orde!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário