terça-feira, 23 de junho de 2020

Preocupadxs pola mudanza climática

O grupo de 6º EP anda ás voltas coa mudanza climática. É un tema que lles preocupa moito e querían saber máis. Así que veu toda a rapazada á biblio a pedir fondos onde consultar información e a solicitar que mercásemos algún libro sobre Greta Thunberg, moza que admiran e queren coñecer mellor. 

E fixeron os seus traballos e decidiron expoñelos para toda a escola no seu corredor, e así animarnos a facermos o posíbel por evitar os danos ao ambiente. 

Libros e traballos

A Terra chora...



Sem comentários:

Enviar um comentário