E non só temos expostas a cunchas do mar, senón que tamén vos trouxemos as cores do outono que andan a encher de dourados as nosas carballeiras.
 |
| Outono, castañas, magosto, árbores, froitos secos... |
 |
Lestes O Galo Traganoces, o Corre, corre, cabaciña? pasastes medo n'O Bosque?
|
 |
| Escoitastes Proserpina? e comestes un Cocido Sinfónico? |
E para que non estivesen sos e aburridos os libros da Expo, acompañámolos cos traballos do alumnado de infantil e primaria, que deixou o recanto outonizo perdido.
 |
| Revivimos a árbore con todas as nosas creacións: follas, froitos, cogomelos... |
 |
| Mesmo fixemos os nosos primeiros caligramas! |
 |
| A castaña. a landra, a folla perdida... |
E así quedou o mural:
 |
| GHUAUE!! |
Sem comentários:
Enviar um comentário